Martes. 20.08.2019
El tiempo

Autonómicas 2016: O PP arrasa, unha vez máis, en Galicia e na Costa da Morte

Autonómicas 2016: O PP arrasa, unha vez máis, en Galicia e na Costa da Morte
Dolors Toja do PSOE de Laxe, Manuel Maneiro do PP  de Laracha, Belén Lendoiro do BNG de Carballo e Luis Villares, candidato de En Marea, votando Dolors Toja do PSOE de Laxe, Manuel Maneiro do PP de Laracha, Belén Lendoiro do BNG de Carballo e Luis Villares, candidato de En Marea, votando

Volveu arrasar o PP en Galicia nestas Eleccións Autonómicas do 25 de setembro de 2016 #25S, consolidando a única maioría absoluta de toda España. E volveu facelo na Costa da Morte, como soe facer a nivel autonómica e estatal. En todos os Concellos a diferencia entre o PP e os seus perseguidores é tremenda, e así se fixo notar coa tirada de bombas de palenque nalgunha vila que outra.

O PP gañou en todos os Concellos sumando case 35000 votos, polos 12.000 do PSOE, os 8.000 de En Marea e os 7.000 do BNG. Por non perder, o PP non perdeu nin en Mazaricos, onde arrasara o BNG nas últimas municipais de 2015, nin en Dumbría, feudo histórico do PSOE.

Se a nivel galego En Marea adiantou ao PSOE e fica como segunda forza máis votada, na Costa da Morte o status habitual non cambiou tanto. O PSOE mantense como segunda forza na bisbarra, pero si que superou a un BNG que valora moi positivamente quedar mellor do que sinalaban as enquisas. O que quedou fóra do Parlamento é Ciudadanos, partido que na nosa bisbarra faise invisible.

Outro dos datos interesantes destas Eleccións é o de participación, a máis baixa dos últimos anos co 64%.

Como detalle, quedarán eses 151 votos que pareceu levar toda a tarde-noite o PCPE en Malpica, pero que, segundo sinalan fontes municipais, foi un erro da Xunta.

En Galicia

Na Costa da Morte

As diferencias entre Autonómicas, Xerais e Municipais

O que nos segue chamando enormemente a atención é o cambio de voto dos veciños da Costa da Morte segundo falamos de Autonómicas, Xerais ou Municipais. Temos 3 exemplos en apenas un ano, e así quedou a cousa:

Eleccions Costa da Morte 2015-2016  

Resultados Eleccións Autonómicas Galicia 25S-2016

 

Cabana

 

Camariñas

 

Carballo

 

Carnota

 

Cee

 

Corcubión

 

Coristanco

 

Dumbría

 

Fisterra

 

Laxe

 

Malpica

 

Mazaricos

 

Muros

 

Muxía

 

Ponteceso

 

Santa Comba

 

Vimianzo

 

Zas

   

Máis novas electorais

Fonte

Comentarios