Venres. 29.03.2024
El tiempo

O proxecto da batata promete xerar 1600 postos de traballo

O proxecto da batata promete xerar 1600 postos de traballo
Asi quedara a planta de Termo-Biologicas en Erbecedo-Coristanco Así quedará a planta de Termo-Biológicas en Erbecedo-Coristanco

Segue en marcha o proxecto de produción de combustibles industriais que se vai erguer en Coristanco, despois da sorprendente negativa do Concello de Cabana. O coñecido como proxecto da batata mantiña esta pasada fin de semana as primeiras reunións cos propietarios que cederon os seus terreos para o cultivo intensivo deste tubérculo. Alí coñecían que as súas familias terán preferencia á hora de optar aos postos de traballo.

Ven aquí a problemática de sempre. Na reunión, a directiva da empresa promotora, Termo-biológicas S. L. (adicada á prudición de hidróxeno, metanol e combustibles industriales para automoción, e con plantas en Panamá e Houston, USA), falaba dunha enorme cifra de postos de traballo, esa palabra máxica que fai tremer todos os estamentos dunha sociedade afectada precisamente por esa lacra.

Falouse de 1600 postos de traballo, unha cifra tremendamente significativa, se ben no proxecto básico de generación de combustibles comerciales en Coristanco, publico na web municipal, a cifra do “persoal requerido para a xestión e explotación da planta” é moito menor: 210 persoas.

Datos da fábrica

Mapa do Proxecto da Batata en Coristanco Mapa do Proxecto da Batata en Coristanco

O emprazamento da parte industrial será de 22 hectáreas no Polígono Industrial de Coristanco, ás que hai que sumar arredor de 250 ha de monte para o cultivo do tubérculo, en terreos non só do termo municipal coristanqués, se non tamén de Ponteceso, A Laracha ou Carballo.

A carga de materias primas (carbón) e produto terminado (split de produtos) realizarase nos portos de Laxe e Cee.

O proceso industrial inclúe dúas partes. Por un lado, realiza unha gasificación de polvo de carbón para crear gas sintético (SYNGAS) a partir do cal se xenera a produción dos combustibles da pranta. Pola outra, coa batata cultivada como materia prima, obteríase etanol, metanol e butanol.

Render das instalacions da planta de Termo-Biologicas en Coristanco Render das instalacions da planta de Termo-Biologicas en Coristanco  

Novas relacionadas

  • 21-07-15: O concello de Coristanco publica o anteproxecto da batata.
  • 11-06-15: As batatas, as novas inquilinas dos terreos da fallida mina de ouro de Corcoesto.
  • Unha reflexión sobre a loita social bergantiñá na documental Tesouro de Corcoesto.
  • Fonte

    Comentarios