![triangulo-historia-batans-mosquetin]()
O Triángulo da Historia conecta por "tren" as Torres do Allo, os Batáns do Mosquetín e o Dolmen de Dombate
Eran as 10:30 horas de onte luns, 9 de abril, e os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CPI de Zas e do CEIP Labarta Pose xa estaban máis que preparados para percorrer
o "Triángulo da Historia". A iniciativa, posta en marcha polos departamentos de Cultura e Turismo dos concellos de Cabana de Bergantiños, Vimianzo e Zas, ten como obxectivo dar a coñecer tres das xoias patrimoniais que albergan estes municipios: as Torres do Allo, os Batáns do Mosquetín e o Dolmen de Dombate.
![torres-allo-triangulo-historia]()
As Torres do Allo é o punto de arranque do Triángulo da Historia
Serán tres días intensos tanto para o tren e como para os guías de cada un dos puntos xa que por aquí pasarán ducias de escolares dos colexios de Zas, Baio, Cabana de Bergantiños, Baíñas e Vimianzo.
O punto de arranque e a primeira parada son as
Torres do Allo; considerado como o primerio pazo de Galicia. Os escolares descubren as pegadas que deixaron familias como as do Moscoso. Dende aquí dirixense aos
Batáns do Mosquetín onde, grazas as choivas destes días, ven en funcionamento o conxunto de muíños e batáns que se distribúen á beira do río Grande. E de aquí, camiño á terceira e última parada: o
Dolmen de Dombate onde comproban a pegada que deixaron os neolíticos en Dombate 5.000 anos atrás.
![dolmen-dombate-triangulo-historia]()
O alumnado do CPI de Zas e do CEIP Labarta Pose foron os primeiros en subirse ao tren que percorre o Triángulo da Historia
A todo, hai que sumarlle a experiencia da viaxe en tren cuxo percorrido discorre, na súa maioría, por estradas secundarias.
![tringulo-da-historia]()
Representantes dos concellos de Cabana de Bergantiños, Vimianzo e Zas presenciaron onte o arranque da iniciativa
Castro das Barreiras
![Tito Concheiro de visita no Castro das Barreiras]()
Tito Concheiro de visita guiada no Castro das Barreiras
Mentres, tamén en Vimianzo, comeza o programa de divulgación do Castro das Barreiras Os primeiros foron os alumn@s do IES Pedra da Aguia de Camariñas que puideron disfrutar dunha visita moi especial dirixida por Tito Concheiro.
“Abrir as Barreiras”, o nome do plan de divulgación do gran castro do Val de Vimianzo, resume a intención principal deste proxecto impulsado polo ente municipal. Durante todo o tempo da escavación, que previsiblemente se poida alongar un pouco máis debido ao mal tempo, os centros escolares da comarca visitarán estes traballos da man dos propios arqueólogos.
Non só é para o alumnado, senón que tamén se abren as tardes ás asociacións culturais que queiran coñecer de primeira man os achados que se producen no castro das Barreiras.
Xa para o público xeral convócase unha primeira visita ao xacemento para este xoves ás 17h (en horario laboral, xa que o que se visitan son as propias obras). Quen queira gozar desta oportunidade debe inscribirse previamente a través do correo electrónico
[email protected] ou ben chamando ao 981 716 001 en horario de mañá. Para seguir todas as novidades o castro das Barreiras conta con dúas redes sociais (facebook e instagram) e a web www.vimianzo.gal/castrodasbarreiras
https://www.facebook.com/castrodasbarreiras/videos/192537861239261/?t=1
Fonte