Sábado. 21.09.2019
El tiempo

O Ultra Trail Costa da Morte, outro revulsivo deportivo para a hostalería costeira

O Ultra Trail Costa da Morte, outro revulsivo deportivo para a hostalería costeira
Trailer Ultra Trail Costa da Morte 2018 from Ultra Trail Costa da Morte on Vimeo. Xa está aquí. Despois de dous anos de traballo custolles aos organizadores da Asociación Deportiva Costa da Morte Trail Events poñer en marcha este I Ultra Trail Costa da Morte 2018. A cita desenvolverase do 15 ao 21 de setembro, pasando por 14 concellos da zona, entre Caión (A Laracha) e O Pindo (Carnota). Serán 7 etapas para percorrer 265km e 9.000m de desnivel, só apta para heroes. Unha proba deportiva internacional que pretende unir o deporte co turismo familiar, atraendo á zona a familias que acompañen a [email protected] deportistas de todo o planeta. A proba conta con un par de bos padriños. A máis coñecida polo público costeiro é a ceesa Susana Gómez, habitual destas probas. Pero tamén apoia e estará na #UTCM, chegado dende Suiza, Diego Pazos. Para participantes e familias, o eixe xeográfico será a zona hostaleira de Cabana-Laxe. A saída será o sábado 15 ás 9:00h de Caión, e desta volta si que poderán durmir as tardes noites. A partir do mércores 19 de setembro, o centro organizativo trasladarase a Cee-Fisterra, dende onde partirán as últimas probas, sendo a derradeira, o venres 21 de setembro a Fisterra-O Pindo, cunha cea programada en Dumbría. Será, sen dúbida, un gran evento para o sector hostaleiro, e por iso a Cita co apoio da CMAT e de Tuga Actuve Wear. Só haberá 100 participantes, así que se te atreves, non o dubides e inscríbete en www.utcm.un.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios