Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os alcaldes de Bergantiños valoran positivamente a adhesión á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas

Os alcaldes de Bergantiños valoran positivamente a adhesión á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas

Faltou Coristanco, pero parece que a comacar de Bergantiños está a favor da adhesión á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (que pasaría a incluír o nome da comarca). Así o valoraron onte os 6 alcaldes presentes (Cabana, Carballo, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso) trala reunión co presidente da Reserva, José Antonio Santiso, e co director do Ceida, Carlos Vales.

Vales cualificou como moi boa a acollida da proposta por parte dos rexedores, que se comprometeron a presentarlla aos diferentes grupos políticos dos seus concellos, como xa se ten feito en Carballo e A Laracha, para que o proceso se realice con consenso. No prazo dun mes todos os concellos deberían ter aprobada a solicitude de adhesión.

“A incorporación de todos significaría un prestixio aínda maior para a Reserva, porque as condicións naturais desta comarca son extraordinarias, e ao mesmo tempo supón unha oportunidade extraordinaria de desenvolvemento para Bergantiños e de posta en valor dos excelentes produtos agrícolas e pesqueiros desta zona”, apuntou o director do Ceida.

Posta en valor do Anllóns<&h2>

Dentro da futurible “Reserva da Biosfera de Bergantiños” tería especial importancia o Anllóns, por iso, aínda que non todos os concellos están situados nas súas ribeiras, si que todos poderían beneficiarse da posta en valor do río. Este é un proxecto no que xa se leva traballando algún tempo e no que hoxe deuse un paso máis, xa que se estableceu a próxima celebración dunha reunión de traballo coordinada polo Ceida para elaborar unha folla de ruta, ver que tipo de accións se poden impulsar e articular canles de participación e implicación de todos os sectores sociais. “O Anllóns é un patrimonio importantísimo que hai que dar a coñecer”, apuntou Carlos Vales.

Fonte

Comentarios