Martes. 07.12.2021
El tiempo

Os Concellos de Cabana e Ponteceso abren un servizo de orientacion laboral

Os Concellos de Cabana e Ponteceso abren un servizo de orientacion laboral
Servizo de Emprego Publico de Galicia

Dende o pasado 1 de Outubro, O Servizo de Orientación Laboral dos Concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños iniciou a súa actividade. Todas aquelas persoas que estean en busca activa de emprego e que precisen asesoramento nesta materia poderán achegarse ata a oficina situada na Casa da Cultura de Ponteceso ou poñerse en contacto coa orientadora no teléfono 981 715 442.

Este centro forma parte da rede de entidades colaboradoras do Servizo Público de Emprego de Galicia, polo que todas as persoas demandantes de emprego ou formación que o precisen poderán solicitar a realización de itinerarios individuais e personalizados de emprego, un programa de acompañamento no proceso de busca onde os participantes terán prioridade para participar nas políticas activas de emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

O Servizo de Orientación tamén ofrece axuda para que as empresas poidan buscar persoas con perfís ocupacionais que se axusten aos requisitos dos postos que requiran cubrir, coa perspectiva de que non deixen de cubrir ningún posto de traballo por non atopar candidatos idóneos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concellos de Cabana e Ponteceso.

comentarios