Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Os maiores cabaneses recuperan a memoria

Os maiores cabaneses recuperan a memoria

Esta semana, o departamento de Servizos Sociais do concello de Cabana de Bergantiños, como peche de ano de actividades e perante a chegada do verán, clausurou dous cursos que se estiveron desenvolvendo ó longo deste primeiro semestre de ano. Os devanditos actos contaron coa presenza personalidades da corporación local para a entrega de diplomas.

Na Casa de Cultura pecháronse as accións formativas do curso Coidados non profesionais a Persoas Dependentes que se viña realizando con gran éxito e que contou co patrocinio da Consellería de Traballo e Benestar. O responsable de entregar os diplomas de asistencia foi o alcalde, José Muíño Domínguez. Á clausura do curso acudiron un total de 19 persoas, fundamentalmente mulleres.

Recuperando a memoria

Por outra banda, o pasado mércores rematou o Obradoiro de Memoria que se estaba realizando no Centro de Día de Neaño. Este taller comezara o pasado mes de xaneiro dentro do programa Envellecemento Activo da Deputación da Coruña. O elenco de participantes estaba formado por 22 persoas maiores e 7 persoas do propio Centro de Día. Nesta ocasión, o encargado da entrega de diplomas foi o edil de Obras, Carlos Allo Cundíns.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Concello de Cabana.

Comentarios