xoves. 01.05.2025
El tiempo

Maiores e pequenos ocupan o seu tempo cas actividades en Cabana e Ponteceso

Maiores e pequenos ocupan o seu tempo cas actividades en Cabana e Ponteceso

Numerosas actividades artellan os concellos de Cabana e Ponteceso enfocadas a pequenos e maiores. As Xuntanzas e os programas sociais son protagonistas pensando nas persoas de máis idade, pero tamén os pequenos son obxecto de atención.

Por exemplo, o pasado sábado, o Concello de Ponteceso clausurou a Escola Municipal de Inglés para nenos/as. Nestas aulas participaron unha vintena de rapaces do concello, que aprenderon e disfrutaron desta tan necesaria lingua.

Envellecemento activo en Ponteceso

O Concello de Ponteceso organiza unha serie de actividades encadradas dentro do programa, Envellecemento Activo, sendeiros cara a vida. Desenvólvese dende o 11 de maio ao 12 de xullo (os mércores e venres) no Centro Cultural en Ponteceso. Participan na actividade trinta veciños e veciñas de varias parroquias do Concello.

Escola de Pais e Nais de Ponteceso

O próximo día 6 de xuño, luns, levarase a cabo o último taller da escola de pais e nais, as 17:30 da tarde na Fundación Eduardo Pondal do Couto.
Haberá tamén un contacontos para os nenos para facilitar a asistencia dos pais e das nais.

Os pais e nais interesados neste taller deben apuntarse chamando o concello o seguinte número de teléfono: 981 71-40-00 (Ext: 51). Neste teléfono atenderaos a educadora familiar. Os venres, na oficina de Corme: 981-73-84-28.

XXXIII Edición da Xuntanza de Maiores do Carballiño

Desde o pasado xoves 26 de maio ata o 9 de xuño quedou aberto o prazo de inscrición para anotarse na excursión á XXXIII Xuntanza de Maiores do Carballiño que organiza o departamento de Servizos Sociais. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición no departamento de Servizos Sociais. O prezo, a aboar durante a subida ó autobús, será de 3,00 euros e non inclúe o xantar.

Esta actividade de lecer terá lugar o sábado 11 de xuño. Partirase ás 8 da mañá desde a Casa da Cultura e regresarase á noitiña.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa dos Concellos de Cabana e Ponteceso.

Comentarios