Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os maiores de Cabana comezan a bailar

Os maiores de Cabana comezan a bailar

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabana de Bergantiños abriu o prazo de inscrición para aquelas persoas que se queiran anotar na actividade “Bailes de Salón para Maiores” que comezará a desenvolverse a partir do vindeiro martes 4 de outubro.

A inscrición poderase realizar no despacho da educadora familiar ata o próximo venres 30 de setembro.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de chegada. As sesións de baile serán impartidas no Centro de Maiores de Neaño. Esta actividade está financiada pola Deputación da Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cabana.

Comentarios