Venres. 10.04.2020
El tiempo

Os maiores de Cabana remataron o seu percorrido pola bisbarra en Laxe

Os maiores de Cabana remataron o seu percorrido pola bisbarra en Laxe
Os maiores do Centro de Día de Neaño, así como outros dos concellos de Zas, Ponteceso, Cabana e Laxe, remataron na xornada do pasado xoves, 28 de xullo de 2011, o seu ciclo de rutas de sendeirismo a través das cales coñeceron distintos espazos de interese dos concellos de Laxe, Ponteceso e Cabana de Bergantiños. A pasada semana foi a quinta de actividade. Os preto de cincuenta caminantes tiveron tempo para camiñar e coñecer as zonas de maior interese, como a Igrexa de Santiago de Traba ou a paraxe de Soesto. O comezo da ruta produciuse na praia de Arnado e o final no casco urbán de Laxe. A expedición estivo encabezada polo técnico de Deportes do Concello de Laxe, Julio Torreira López, Eva Cousillas, Lorena Pailos e Cristina Morandeira. Clausura do Campamento 2011 Outra das actividades que remataron, pero desta vez enfocada aos cativos, foi o Campamento Urbano de Cabana 2011. Foron un total de 47 rapaces e rapazas os que participaron nesta actividade, que inicialmente tiña un límite de 40 prazas ofertadas. Na festa de despedida os máis pequenos recibiron a visita do alcalde de Cabana, José Muíño. Os participantes recibiron uns agasallos, e un diploma da man do rexedor. Ademáis colleron folgos cun bocadillos. Foron catro días de intensas actividades que se desenvolveron no pavillón deportivo municipal e na praia do Pendón. Houbo tempo para todo, dende actividades de animación  e deportivas, ata obradoiros, inchables, tiro con arco ou circuitos de educación vial e karts.

Novas relacionadas

Fonte
  • Nota de prensa do Concello de Cabana, da man de Xosé Manuel Varela.

comentarios