Os poetas populares de Cabana xa teñen o seu libro gracias á divulgación de Xosé Manuel Varela

08:35 16/12/13

Foi presentada a “Antoloxía de poetas populares de Cabana de Bergantiños”. Unha obra colleitada e editada por un dos meirandes divulgadores culturais da Costa da Morte. Xosé Manuel Varela Varela leva anos e anos recollendo a cultura popular bergantiñá, e este libro serve para recoller vida e obra de artistas cabaneses como María Baña Varela, Fermín da Feiranova, Hermosinda Varela Lema, Plácido Vigueret e Matilde Vilariño Pose.
Este pasada fin de semana tiña lugar a presentación, con varias xeracións de artistas do verso. Foron numerosas persoas as que ateigaron o local de Neaño, cheo de familiares, amigos e amantes da regueifa, da copla, e da cultura popular.
Máis información
Novas relacionadas
- Xosé Manuel Varela edita a Antoloxía de poetas populares de Cabana de Bergantiños.
- E Rosalía tamén rendeu homenaxe a Fermín da Feiranova.
- O pandereteiro de Neaño Plácido Vigueret.
- Música e literatura mesturáronse na polafía de Cabana.
- A regueifa perde a Fermín da Feiranova, o máis antigo dos regueifeiros de Bergantiños.
- A regueifa revive en Xornes, berce da canteira retranqueira bergantiñá.
- Caldebarcos rima nos Muíños unha oda ao millo.
- Os pequenos vimianceses xa riman a golpe de regueifa.
- Xosé Manuel Varela e Fermín Calvo espallan a regueifa bergantiñá por Chantada.
- Música e literatura mesturáronse na polafía de Cabana.
- A “Polafía”, unha auténtica viaxe en vídeo pola tradición de Cerqueda.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).