Os usuarios de Íntegro apúntanse a reciclar
Como non podía ser doutro xeito, a familia de Íntegro demostra unha vez máis estar máis e mellor concienciada que gran parte da nosa sociadade. A entidade bergantiñá participou na campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor”, unha posta pola sensibilización medioambiental dirixida a colectivos sociais, demostrando o compromiso pola conservación da nosa contorna e a protección do medio natural coa posta en marcha de actividades encamiñadas á educación e á sensibilización ambiental.
Neste senso, esta semana, os usuarios e usuarias tiveron a oportunidade de aprender novos conceptos relacionados coa reciclaxe e a correcta xestión dos residuos urbanos a través do programa promovido conxuntamente pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Sogama.
A actividade, realizada o pasado luns nas instalacións de Nantón, consistiu na realización de dous obradoiros temáticos, impartidos por educadoras ambientais especializadas da Xunta de Galicia, para informar e asesorar sobre a importancia de reducir o impacto ambiental, económico e social que supón, a día de hoxe, a elevada xeración de lixo, colaborando na súa axeitada xestión e tratamento. Neste senso, as monitoras puideron comprobar a correcta separación selectiva de refugallos que se realiza a diario na nosa entidade, clasificándoos e depositándoos nos contedores correspondentes para a súa posterior reciclaxe. Tamén coñeceron de primeira man o aproveitamento dos residuos orgánicos do centro, empregados como compost para os invernadoiros.
A parte máis divertida e creativa chegou cando tocou poñer en práctica o principio europeo dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) co fin de aprender tamén a dar novos usos a aqueles produtos que xa non serven e que sempre desbotamos. Con un pouco de imaxinación, algúns tapóns e uns tubos de papel baleiros lograron crear pequenas obras de arte, que resultaron moi orixinais e sorprendentes grazas a súa máis que probada experiencia na realización de traballos manuais. Foi unha xornada educativa e enriquecedora na que, ademais de pasalo xenial, aprendemos a separar ben para reciclar mellor. Sen dúbida, un paso moi importante cara a consecución dun desenvolvemento sostible.
Novas relacionadas- Íntegro informa sobre a prevención das lesións medulares aos escolares.
- Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional
- De visita a Madrid
- Íntegro pecha o sétimo curso do PIMD Rural
- Íntegro lánzase ao crowdfunding
- Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
- Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Íntegro