Domingo. 03.11.2024
El tiempo

O pelo convertido en musa de arte

Pelozarte en Cabana
O pelo convertido en musa de arte

Este sábado 21 ás 16:00h, a Barbería Daviz, situada en fronte da Casa do Concello de Cabana, acolle un evento moi especial. Un grupo de alumnas de Bellas Artes da Facultade de Pontevedra, entre as que se atopa a costeira Lidia María Canosa Estévez, estrará a súa singular exposición.

PELOZ_Arte Z é unha exposición que ten como “obxectivo principal mostrar o lado máis atípico dun evento destas dimensións. Levándoo ao mais actual como a Xeración Z, a cal céntrase en saírse do canon, o tradicional ou o preconcibido”.

”Escollemos esta barbaría como lugar de exposición debido a que engloba os dous temas principais, o cabelo, o cal se presenta como un tema pouco convencional no arte e a Xeración Z, a cal pertencen todas-las persoas relacionadas con dito evento”, apunta Lidia. “A función principal desta exposición é que o propio lugar vai estar aberto e disposto para o público en horario laboral”.

”Aquí se prioriza a selección de artistas mozos emerxentes, que estuden e xeneren arte conceptual, neste caso relacionado co tema do cabelo como obxeto de inspiración”, destaca.

Coa de Sardiñeiro, estarán outras artistas do resto do estado, como Blanca Arribas, Cecilia Barreiro, Lucía Batalla, Teo Castro, Manuel Estévez e Paula Pontes, quen cederon as suas obras pra ser expostas nas paredes da barbaría, creando un recorrido dende o audiovisual ao escultórico.

Comentarios