Familias e profesorado saíron ás rúa sde Carballo, Cee e Muros para berrarlle á Xunta por un Ensino Público de Calidade
Como noutras 25 vilas e cidades do país, as comunidades educativas da comarca de Bergantiños, da comarcas de Fisterra e Soneira, e das comarcas de Muros e Carnota uníronse esta tarde de mércores 6 de maio en defensa dun Ensino Público, digno, de Calidade e con recursos suficientes..
Convocadas polas Asembleas Abertas do Ensino Público (grupos formados por profesorado, alumnado e familias despois de todas as mobilizacións polos recortes perpetrados pola Xunta durante este curso), as familias volveron responder e demostraron o seu compromiso coa defensa do ensino público e a súa repulsa ante a falta de profesorado (sobre todo de apoio ás necesidades educativas específicas), e sobre o mal estado dos centros.
Centos de familias protagonizaron multitudinarias manifestacións en Carballo, en Cee e en Muros, demostrando que a loita contra a abandono da Xunta en materia educativa é común a toda a comarca, e a toda Galicia.
Con arentas de “Ensino Público de Calidade”, as familias volveron demostrar a súa posición crítica perante a unha Xunta que leva sen escoitar nin ás ANPAS, nin aos centros durante todo o curso. Un dos momentos centrais das mobilizacións foi a lectura do manifesto conxunto, que correu a cargo de representantes de todos os colectivos implicados, simbolizando a unidade da comunidade educativa arredor das principais demandas.
”FESTINVICACION” en Muros

A máis divertida foi a “FESTINVICACION” de Muros. As comunidades escolares unidas, comandadas por un profesorado implicadísimo, dos IES Fontexeria, As Insuas e Lamas de Castelo realizaron unha festa reivindicativa no Curro da Praza, lendo un manifesto a golpe de música música, zampando empabada e informando ás familias que se achegaron da situación na que se os centros de ensino aos que van as súas crianzas.
En Cee

En Cee, a concentración realizouse na Praza 8 de Marzo, e apoiaron a manifestación colectivos que xa levan todo o ano na rúa, como o IES Fernando Blanco (tanto alumnado como a ANPA Celinda), o ANPA Alén do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión, Paseniño, o IES Agra Raíces, ou mesmo o BNG Costa da Morte.



En Carballo

En Carballo realizaron unha manifestación polas rúas do centro e rematando na praza do concello. En Sacaron as pancartas o alumnado do IES de Ponteceso e do CEIO Bergantiños, que deron un discurso pedindo melloras, e non faltaron docentes de varios centros de ensinanza, e numerosas participantes de diversas ANPAS (A Granxa - CEIP Bergantiños; Raiante - CEIP Gándara Sofán ; A Carballeira do CRA Ponte da Pedra) ou da CIG Ensino.



As concentracións foron convocadas por diferentes ANPAS, a federación provincial de ANPAS da Coruña, FANPO, FAVALMI, FOANPAS, outras federacións comarcais, as propias ANPAS dos centros, as Asembleas Abertas do Ensino Público, sindicatos de profesorado (CIG, CUT, STEG, Solidariedade Obreira e CNT) e organizacións estudantís (Fervenza, Erguer e o Sindicato de Estudantes), así como outros colectivos como AGOEP e NEG.







