domingo. 10.11.2024
El tiempo

PeloZ: convertindo unha barbería cabanesa en galería de arte

Expo PeloZ na Barberia Daviz
Boa acollida na inauguración da Expo PeloZ na Barberia Daviz
PeloZ: convertindo unha barbería cabanesa en galería de arte

Singular escena a vivida o pasado sábado na Barbería Daviz. Un grupo de estudantes de Belas Artes, entre os que se atopa Lidia Canosa (Sardiñeiro), convertícn a Barbería cabanesa, sita en fronte da Casa do Concello, nunha galería de arte. Inauguraban a exposición de arte PeloZ_Arte Z na que recollen unha serie de obras nas que empregan o cabelo como tema principal.

Ao longo da tarde sabatina, e cun vino para acompañar, os comisarios do evento, Cecilia Barreiro, Lidia Mª Canosa, Teo Castro e Raquel Álvarez realizaron o recorrido presentando as obras a todos os presentes ademais de explicar como foron realizadas é algunas anécdotas tras cada unha delas.
A exposición seguirá aberta o público ata o día 4 de Febreiro no horario laboral da barbaría.

Expo PeloZ na Barberia Daviz 1

A expo

Lidia Canosa explícanos como é a expo:

Expo PeloZ na Barberia Daviz Cecilia

As pezas están dispostas ao longo do local creando un recorrido desde os colores mais brillantes e saturados ata o branco e negro. Deste modo a primeira obra coa que te atopas ao entrar é “Gaturros con Peluca”, da artista Cecília Barreiro, composta por cinco retratos caricaturescos de gatos con perrucas de personaxes da cultura pop, que realiza mesturando fotografía con debuxo, creando un collage dixital.

Expo PeloZ na Barberia Daviz Lidia Canosa
A obra de Lidia Canosa

Seguindo topas con dúas obras da costeira Canosa. A primera é unha serie de serigrafías sobre impresión dixital, de título “Nexo”, nas que representa personaxes de videoxogos, que resaltan polo seu cabelo, con estilo de debuxo propio da tatuaxe Neotradicional; polo outro lado, a súa segunda peza “Pa loca tú, Calva” é unha escultura composta por malla de alambre e lá de cores, que colga do teito dando a posibilidade de meter a cabeza dentro dela, como unha perruca, e xogar coa tua identidade.

Cubrindo o longo da seguinte parede, expoñemos unha serie de fotos detalle da obra, “Wind-un Seeds!” de Lucía Batalla, quen mediante mecanismos vellos que funcionan aos tombos, recubertos con cáscaras peludas de plataneiro de sombra, crea pequenos artiluxios que xogan coa idea do lúdico e a simpatía dende a extrañeza. Algo que se pode comprobar na proxección na sala contigua onde amosan os artiluxios de Lucía en movemento.

Geisha Gorda expo peloZ 2

Seguindo o recorrido, podemos ver as dúas obras de Teo Castro, por unha parte da serie “Geisha gorda”, que consiste en catro estampas que simulan o estilo tradicional xapones, ukiyo-e , pero utilizando como técnica reproductiva a xilografía a matriz perdida, coa que se altera esta cada vez que se imprime, facendo imposible a reproducción das estampas; linograbado en detalles, e chine collé nas roupas coas que se cubre a figura. A mensaxe detrás de estas obras e o amor propio e o movemento body positive, ao representar a belleza nos corpos non normativos.
Xusto debaixo de estas obras atopamos unha instalación que simula un fragmento dun altar propio da cultura pagana, neste caso maioritariamente ingredientes ou elementos necesarios para a práctica divididos en diferentes tarros, dende pelo humano ata rosas secas, pasando por minerales ou fotos de carné. A intencionalidade de esta obra e representar a realidade de outro tipo de prácticas relixiosascando estamos moi acostumados únicamente ao cristianismo.

Expo PeloZ na Barberia Daviz 2

 

Finalmente hai dúas fotografías analóxicas de Manuel Estévez, pertencentes a serie “Body Landscapes” nas que a fotografía macro do corpo amosa zonas do corpo dende a abstracción, a cal lle permite enfatizar ou deconstruir plenamente unha imaxe co obxetivo de lograr unha resposta dos estímulos visuais do espectador, por outro lado emprega a técnica analóxica a favor da espontaneidade e do erro por riba da foto perfectamente que nos amosartia a técnica dixital.

 

expo peloZ pelo

Comentarios