Unha persoa tivo que ser trasladada por queimaduras tras un incendio nunha vivenda de Cesullas
Esta pasada madrugada, arredor das 3:30h, os Bombeiros de Carballo e o GES de Ponteveso tiñan que asistir a un incendio acontecido nunha vivenda de planta baixa no lugar do Penedo, en Cesullas, Cabana. Por fortuna, a vivenda non estaba habitada, xa que estaba en reformas.
Os bombeiros do GES chegaban de contado, e controlaron pronto o foco, localizado nun dos cuartos do baixo cuberta, afectando tamén á estructura do tellado, que era de madeira. Os Bombeiros de Carballo colaboraron na extinción, enfriamento e ventilación. Os danos por fume estendéronse por todo o interior da vivenda, si ben os máis graves foron nun dos cuartos da parte alta e no tellado.
Segundo os medios desprazados ao punto, houbo unha persoa afectada con queimaduras que tivo que ser trasladada por unha ambulancia de Urxencias Médicas.