Venres. 29.03.2024
El tiempo

Piden a eliminación do proxecto eólico Bustelo e Baralláns polo seu impacto paisaxístico

Mapa do Parque Eolico de Bustelo e Barallans
Mapa do Parque Eólico de Bustelo e Baralláns publicado no documento de inciio do proxecto
Piden a eliminación do proxecto eólico Bustelo e Baralláns polo seu impacto paisaxístico

Imos descubrindo novos proxectos eólicos nos nosos montes gracias ás denuncias das entidades sociais. Desta son a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, a Asociación ambiental Petón do Lobo, a Asociación galega Cova Crea e a Asociación O Ouriol do Anllóns as que informan á veciñanza do novo Parque Eólico de Bustelo e Baralláns que afecta aos concellos de Cabana e Coristanco.

Unha zona na que xa dan sobra os aereoxeneradores do P.E. De Silvarredonda do monte Perrol. Lugares como A Mata, Bustelo, Lestón… sufrirán, a menos de 600 metros, a presencia de 6 novos xigantes ao seu arredor, de 200 metros de altura e 155 metros de diámeto de aspa (o doble de grandes dos de Silvarredonda).
Os 6 aereoxeneradores (situados concretamente en Costa de Monelo, Paradela, Monte do Covelo, Monte Longo, Agra de Bustelo, Picho de Fontes e Alto de Torreiro) terán unha potencia de 36 MW.

Altura buxe pe Bustelo e Baralláns copia

Impacto paisaxístico e medioambiental

Non hai moito a Xunta publicaba o documento de inicio do proxecto, e as devanditas entidades piden a súa retirada “pola súa incompatibilidade coas Directrices da Paisaxe de Galicia.

Entenden que “o Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as Directrices de paisaxe de Galicia, publicado hoxe no DOG, blinda os valores paisaxísticos da Área de especial interés paisaxístico do val fluvial do Lourido (AEIP val fluvial do Lourido) e resulta incompatible co proxecto eólico que promove a mercantil EDP Renovables”.

Aseguran que “as gabias de cabreado afectan na fonte Cardeira, lugar de nacemento do río Lourido”. Por outra banda, “o aeroxenerador chamado BAR -02 incide directamente sobre o rego Batán, o curso de auga máis importante do val fluvial e principal afluente do río Lourido e do río Anllóns”.

Fragmentación fraudulenta de proxectos eólicos

As entidades volven denunciar o que entende como fragmentación fraudulenta de proxectos, como consideran que as eólicas fan nos de Bustelo, Campelo e Monte Toural. “O proxecto eólico Bustelo e Baralláns representa a continuidade do proxecto eólico Agrelo –Muriño que a mesma empresa, EDP Renovables, promove tamén con outros seis arexoneradores e a mesma potencia no Alto do Covelo, Pena da Santa, monte de Cabana, Castelo de Muriño e Castelo Pequeno”, sinalan.
De feito “a liña de evacuación é compartida por ambos parques e realizarase a través dunha liña aérea que conectará a infraestrutura ata a subestación de Meirama, e que será obxecto doutro proxecto independente, polo que se substraen os seus impactos dá avaliación ambiental global, conxunta e sumativa que debera abarcar á totalidade das infraestruturas, para unha mellor integración ambiental e paisaxística.”

Impacto patrimonial

O propio documento de inicio do proxecto recoñece a presencia de varios bens arqueolóxicos como tanto direcamente pola ubicación dos aereoxeneradores (o Cruceiro de Nosos Señora en Cotón (Cereo), Iglexa de Cereo (Parroquia de Santa María), o Cruceiro en Ramalllón (Valenza), os Muíño no rio Grelo (Bustelo), a Mámoa de Bustelo) como polas estradas necesarias (Mámoa o Túmulo de Midón, os Túmulos o Mámoas de A Granxa, Mámoa de Cuca, o hórreo na Cuca). Pero considera que todos estes “bens incluidos no Catálogo do Patrimonio Cultural, sitúanse a suficiente distancia da estrada citada, polo que non se verán afectados.
Deixan aberto a creación dun completo estudo arqueolóxico cando se realice o Estudo de Impacto Ambiental.

Bens patrimoniais afectados polo Parque Eolico de Bustelo e Barallans

Novas sobre os eólicos

Comentarios