Piden máis información sobre o proxecto mineiro de Isabela II a unha semana do peche do prazo de alegacións

08:01 11/02/16

Remata o prazo para presentar alegacións. E a información?
Mentres o goberno do PP aproba en solitario a nova Lei do Solo, que entrará en vigor nun mes é que permitirá pasar de solo rústico a industrial con gran facilidade, os Concellos da zona aínda están recibindo a documentación. Queda pouco tempo para presentar alegacións (ata o 19 de febreiro) e fai falta moita información, batendo de novo coas mesmas pantasmas de oscurantismo que o derribado proxecto de Corcoesto. É por iso que as asociacións da volta se ofrecen para informar aos veciños e para presentar alegacións conxuntamente. É o caso de Contramínate Laxe, ou do Petón do Lobo, dende onde nos contan que xa houbo xentes de Zas e de Santa Comba que se puxeron en contacto a nivel particular. De feito, Petón do obo xa presentou alegacións, cun completo informe resaltndo a importancia da afección das calicatas e sondeos aos recursos hídricos, xa que logo, o proxecto da empresa non concreta a localización exacta dos sondeos e non existen os estudios xeotécnicos e hidroxeolóxicos que garantan a non afección a mananciais, fontes de auga,...etc.17 entidades unidas
Novas relacionadas
- 05-02-17: BNG e AGE piden a paralización do novo proxecto de minería que ameaza a Costa da Morte.
- 27-01-16: 17 organizacións declaran a alerta social en contra das novas concesións mineiras.
- 22-01-16: Isabela II: a nova mina que ameaza terreos de Coristanco, Santa Comba, Vimianzo e Zas.
- Petón do Lobo presenta sinaturas para tratar sobre os dereitos mineiros de Corcoesto no PXOM de Cabana.
- A Xunta determina a perda definitiva dos dereitos mineiros de Corcoesto por parte de Edgewater
- As batatas, as novas inquilinas dos terreos da fallida mina de ouro de Corcoesto.
- Unha reflexión sobre a loita social bergantiñá na documental Tesouro de Corcoesto.
- 07-01-15: A empresa canadense Edgewater perdeu os dereitos mineiros de Corcoesto (e toda a historia).
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)