Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PIMD Rural de Íntegro axudou a 41 mulleres con diversidade

formación PIMDRural de Integro
O PIMD Rural de Íntegro axudou a 41 mulleres con diversidade

Balance positivo o que fai a Asociación Íntegro do traballo realizado durante este curso (de outubro 2019 a setembro 2020) polo Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade do Rural. Un espazo de axuda promovido por Íntegro e co-financiado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, que este ano prestou atención a 5 mulleres máis con respecto ao ano anterior, sendo un total de 41 as mulleres con diversidade que acodiron a el.

Un punto que, ademais de numerosas accións formativas, presenciais e telemáticas, ofrece servizos de asesoramento, orientación laboral e mediación orientados a colectivos de especial vulnerabilidade. Un punto que fomenta a igualdade de oportunidades e contribúe a diminuír a tripla discriminación á que se ven sometidas moitas das beneficiarias deste programa.

Esste foi ademais un curso especial, pois co estado de alarma, íntegro tivo que realizalo seguemento a través do teléfono e de internet. As actividades non pararon e centráronse na elaboración de currículos e cartas de presentación, taller de habilidades pre-laborais, resolución de conflitos e formación básica en prevención de riscos laborais. As sesión estiveron formadas por grupos moi reducidos (2/3 participantes) coa finalidade de ofrecer unha atención o máis individualizada posible e adaptada ás necesidades de cada persoa.

Servizos para colectivos vulnerables

Se ti tamén es muller con ou sen discapacidade, resides no rural e precisas orientación e/ou información sobre recursos singularizados, de atención, e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos que faciliten ás persoas usuarias o seu proceso de integración social; Mediación intercultural e/ou familiar e orientación laboral e de acompañamento na busca de emprego, incluído o emprego por conta propia e o emprendemento, así como a prospección do mercado de traballo, a intermediación e a tutorización laboral e profesional, non dubides en poñerte en contacto con integro chamando ao 981 734 985 ou enviando un mail a [email protected].

Comentarios