Domingo. 15.12.2019
El tiempo

A porta violeta de Rozalen, en galego gracias á versión do grupo Son de Cabana

A porta violeta de Rozalen, en galego gracias á versión do grupo Son de Cabana

Rozalen en galego. O grupo cabanés Son de Cabana vén de publicar o videoclip “A porta violeta”, versión en galego da canción de Rozalén, contra a violencia de xénero. Da man da súa mestra Silvia Losada, o grupo cabanés rompe barreiras con esta recreación musical organizada polo Concello de Cabana, que serve de homenaxe ás vítimas da violencia de xénero, especialmente a Ana Belén Varela, que foi asasinada o ano pasado en Canduas, un feito que conmocionou a toda a comunidade.

O videoclip foi rodado por Omar Rabuñal en diferentes lugares do concello e a canción gravouse nos estudios da Escola da Rúa en Carballo coa presenza das 20 mulleres que forman Son de Cabana. Este grupo quere expresar de xeito creativo o seu rexeitamento a todas as violencias que afectan as mulleres por motivos de xénero.

Coro de Mulleres de Cabana

Novas relacionadas

Comentarios