Mércores. 23.10.2019
El tiempo

Portocabana: Aloxamento vacacional e remanso de paz á beira do Esteiro do Anllóns

Portocabana: Aloxamento vacacional e remanso de paz á beira do Esteiro do Anllóns
Vistas dende o Salón do Apartahotel PortoCabana Vistas dende o Salón do Apartahotel PortoCabana Alí onde o atlántico máis salvaxe quere penetrar nas mansas augas do esteiro do río Anllóns, a moi poucos metros da ribeira onde se teciu o himno galego, hai un moderno aloxamento vacacional, o Apartahotel Portocaban, a pé de praia podemos dicir, preto de todas partes e suficientemente lonxe dese ruído que nos rodea. Hoxe quero presentarvos este máxico lugar de ensoño no corazón mesmo da nosa costa.

Entorno:

A súa contorna permite disfrutar de lugares de gran riqueza, cultural e paisaxística como: as Dunas de “A Barra”, a “Ensenada ou Bahía da Ínsua”, a Illa de “A Tiñosa”, o Monte Blanco e a súa extraordinaria area blanca, ou os históricos “Castro de Borneiro” e o “Dolmen de Dombate”.

Misión:

Contribuir a mellorar a calidad de vida das personas mediante aloxamento vacacional a familias, parellas e grupos de amigos que procuren o descanso, a tranquilidade e o relax que brinda o magnífico entorno natural e cultural na que se atopa Porto Cabana.

Visión:

Queremos ser o referente en turismo de descanso e cultural de calidade na provincia de A Coruña e especialmente na Costa da Morte, traballando baixo a satisfacción plena das necesidades dos nosos clientes que nos permita crecer de forma sostible.

Valores:

  • Satisfacción da clientela
  • Atención personalizada
  • Bo trato
  • Amabilidade
  • Perfección
  • Calidade
  • Disponibilidade
  • Tranquilidade
  • Descanso
  • Orden e limpeza
  • Disposición
  • Pasión pola cultura e a natureza

Respira, Reláxate e Recárgate de Enerxía fronte o Mar

Tamén contan cun Taller e varias actividades para axudarche a encontrar a armonía e o descanso do corpo e da mente nas tuas vacacións. Pasarás unhas vacacións diferentes vivindo e sentindo cada recuncho da Costa da Morte! https://www.facebook.com/portocabana/videos/1728061684116610/

Fonte

  • Reportaxe de Óscar de Souto.

Comentarios