Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Propoñen crear unha Reserva da Biosfera no río Anllóns

Propoñen crear unha Reserva da Biosfera no río Anllóns
O estuario do Anllóns

Non cabe dúbida de que o Esteiro do Anllóns é todo un espectáculo en si mesmo, como nos describía Lorena Martínez Canosa. Pero pensando na protección da zona, cun ollo posto na mina de ouro e no propio PXOM cabanés, a Plataforma Salvemos Cabana quere dar un paso máis e propón a creación dunha Reserva da Biosfera no río Anllóns e a súa área de influencia.

A plataforma considera que o primeiro paso será catalogar o Esteiro fluvial do Anllóns como Reserva Natural Protexida. Zona que consideran ideal para esto ao tratarse dun dos tramos litorais máis destacados da Península Ibérica pola súa gran riqueza natural e ornitolóxica.

Datos para preservar

A Plataforma define porque cre que o Anllóns debe ser unha Reserva da Biosfera.:Cun caudal medio que rolda os dez mil metros cúbicos por segundo e cun traxecto de 54,4 quilómetros, o Anllóns é un río que nace nos montes de Xalo, na Serra de Montemaior, e desemboca nun espectacular esteiro fluvial na ría de Corme e Laxe, atravesando ao seu paso os concellos de Laracha, Cerceda, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana de Bergantiños.
Debido á súa especial relevancia, este río obtivo en 2001 a declaración de Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e está integrado na Rede Natura 2000, co obxecto de contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos seus hábitats naturais e da flora e fauna silvestres consideradas prioritarias pola directiva europea 92/43/CE.

Así, aínda que entre as especies invernantes destacan o corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), a garzota (Egretta garzetta), a garza real (Ardea cinerea), a cerceta real (Anas crecca) ou o alavanco real (Anas latyrhynchos), tense chegado a rexistrar a presenza de case trescentos tipos de aves, sendo un espazo privilexiado para a observación de migratorias que chegan dende Europa, África e mesmo América do Norte, traídas polos ventos dominantes do Atlántico.

Por todo iso piden que se adecúen ao programa MaB ("Man and Biosphere") da UNESCO, tanto a nivel de conservación de paisaxes e ecosistemas, coma no fomento dun desenvolvemento económico e humano sostible dende o punto de vista sociocultural e ecolóxico.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios