Venres. 03.05.2024
El tiempo

Ramón Varela presentou a súa candidatura polo PSOE á alcaldía de Cabana

Juan Ramón Varela Martínez PSOE Cabana
Ramón Varela presentou a súa candidatura polo PSOE á alcaldía de Cabana

Acompañado polo secretario xeral do PSdeG na provincia de A Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, e a vicevoceira parlamentaria, Begoña Rodríguez Rumbo, Juan Ramón Varela Martínez presentou a súa candidatura para a alcaldía de Cabana. Nun evento celebrado no no Local Social de Neaño Ramón Varela demostrou o seu “compromiso” coa vila tras dar este importante paso “ao fronte para mellorar a calidade de vida e o entorno dos seus veciños e veciñas”.

“Son un equipo de persoas que representan tamén a un partido que é o que máis fixo e estar a facer por Cabana, e o fai dende aquelas administracións onde goberna, dende unha Deputación gobernada por un socialista, por Valentín González Formoso, que triplicou os recursos económicos que achega ata este Concello para que poida sufragar máis do 80% das obras que se realizan”, apuntou Bernardo Fernández.

Comentarios