Reactivada a Agrupación de Protección Civil de Cabana tras unha moción do BNG

Case dous anos leva se actividade a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cabana. Pero gracias a unha moción presentada polo BNG, aprobada no pasado pleno do xoves 30, o colectivo volverá funcionar para mellorar a seguridade e o benestar da veciñanza. “Non podemos esperar máis: os últimos temporais demostraron a necesidade dun equipo formado e operativo para atender emerxencias no noso concello,” sinalou Tatiana Rellán, portavoz do BNG de Cabana. “Seguiremos facendo un seguimento para que isto non quede nunha aprobación simbólica e avancemos xa na execución das medidas.”
Así, o Concello procederá a:
- Organización de cursos de formación para voluntarios de forma inmediata.
- Difusión pública para captar novos voluntarios.
- Convocatoria dos antigos membros da Agrupación para garantir unha reactivación efectiva.
Ademais, o pleno aprobou a proposta do BNG para proceder ao aseguramento dos contedores de lixo, especialmente nos puntos máis expostos aos ventos dominantes. Esta medida busca evitar accidentes, danos a vehículos e persoas, e garantir unha xestión máis segura dos residuos en condicións meteorolóxicas adversas.