Martes. 08.10.2024
El tiempo

Senda Nova celebra o Día dos Humidais cunha saída polo Esteiro do Anllóns

Rabunal Patino explicou o Esteiro do Anllons a rapazada de Senda Nova
Rabuñal Patiño volverá guiar o roteiro polo Esteiro do Anllóns
Senda Nova celebra o Día dos Humidais cunha saída polo Esteiro do Anllóns

O Día Internacional das Zonas Húmidas é o 2 de febreiro, en conmemoración do aniversario da sinatura do Convenio sobre os Humidais celebrado en Ramsar (Irán) o 2 de febreiro de 1971. Para celebralo, a Asociación Senda Nova traslada a data ata este sábado 5, organizando unha saída guiada polo esteiro do Anllóns.

Realizarase un percorrido pola marxe de Cabana de Bergantiños durante a mañá e parte da tarde do día 5 de febreiro, guiado polo ornitólogo Xosé Luís Rabuñal. Así, a través dun paseo ameno e os equipos ópticos da asociación, poderase divisar as especies de aves máis importantes.

A entidade lembra a cantidade de espazos naturais deste tipo que temos na comarca de Bergantiños, como son tamén Baldaio, Traba de Laxe ou Alcaián, destinos habituais das súas actividades.

Comentarios