Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Tatiana Rellán sorprende como candidata do BNG de Cabana

Tatiana Rellan BNG Cabana
Tatiana Rellán sorprende como candidata do BNG de Cabana

Activa tiktokeira da Costa, emprendendora imparable, artelladora de iniciativas socio-comerciais dende a Asociación de Empresarios Comarca de Soneira e a súa Parafarmacia de Baio, Tatiana Rellán (1985) vén de presentar a súa candidatura como candidata á alcaldía do BNG de Cabana de Bergantiños para estas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio de 2023.

Rellán recolle o relevo do do actual portavoz do grupo municipal, David Cancela, e despois de case 8 anos no cargo, o día 16 presentará a súa dimisión como presidenta da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira, para “trasladar o seu activismo social ao ámbito da política, disposta a traballar por un concello de portas abertas que non só intente solucionar os problemas da veciñanza, senón que tamén lle dea voz na xestión municipal”.

 

Chega coa máxima de que “a clave dun auténtico político son a ética e o verdadeiro desexo de servir a sociedade e que a sociedade se beneficie” e coa esperanza “de que algún día se recupere unha política respectuosa”. A principal preocupación desta autónoma “son as persoas, e por iso fixa como prioridades a mellora da xestión do servizo de axuda no fogar e a elaboración dun plan director de abastecemento de auga e saneamento que permita planificar as actuacións precisas para que estes dous servizos imprescindibles cheguen a todas as parroquias”.

Máis novas sobre as eleccións

Comentarios