Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Técnic@s e asociacións do sector social traslada á Deputación as necesidades da comarca de Bergantiños

Técnic@s e asociacións do sector social traslada á Deputación as necesidades da comarca de Bergantiños
Reunion do sector social coa Deputacion en Bergantinos Reunion do sector social coa Deputacion en Bergantiños

Importante xuntanza a celebrada este mércores en Carballo. A deputada de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco, reuníase co persoal técnico da comarca de Bergantiños co obxectivo de poñer en común as demandas do sector e avanzar na elaboración do Plan de Acción Social da Deputación da Coruña. Unha xuntanza semellante á realizada a semana pasada na comarca de Muros-Noia.

Participaron técnic@s dos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, a Laracha, Laxe e Ponteceso ademais de entidades do ámbito social como Asociación Íntegro, ASPABER e Vieiro asistiron á xuntanza que se desenvolveu no local de maiores do concello de Cabana de Bergantiños.

Na xuntanza, o persoal técnico dos concellos destacou algunha das principais preocupacións da área entre as que se atopan:

  • A insuficiencia dos equipamentos existentes para atender ás persoas dependentes e discapacitadas.
  • O excesivo peso do traballo burocrático que deben asumir os equipos municipais de benestar para tramitar dependencia ou rendas de inserción, que lles impide facer traballo de prevención ou de carácter comunitario.
 

Axudas

Cómpre resaltar que si que houbo un incrmento nas partidas deste ano. No caso da comarca de Bergantiños, a achega da Deputación a través do apoio aos Servizos de Atención no Fogar pasou no concello de Cabana de 31.572,68 € en 2017 a 98.560€ no 2018 cun incremento de 53.071,79 €, no de Coristanco de 42.128,12 a 89.747,28 cun aumento de 47.619,16; na Laracha de 58.600,52€ a 189,262 € con diferencia positiva de 130.661,48 €, en Laxe de 37.586,97 € a 62.415,88 € aumentando en 24.828,91 € mentres que en Ponteceso pasa de 33.097,25 a 60.092 €, é dicir, 26,994,75 € máis.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-tecnicas-de-servizos-sociais-de-carnota-e-muros-expuxeron-a-crua-realidade-que-sofre-a-sua-area-a-deputada-anxela-franco/

Comentarios