venres. 02.05.2025
El tiempo

Un cento un cabaneses foron de vivos a Santo André de Teixido

Un cento un cabaneses foron de vivos a Santo André de Teixido
Se ben o municipio de Cabana de Bergantiños é territorio de importantes romarías e espazos relixiosos, 101 cabaneses e cabanesas maoires de 60 anos non quixeron perder a oportunidade que lle ofreceu o departamento de Servizos Sociais para realizar unha xornada de descanso o pasado xoves 14 de abril. Este día de lecer comezou ás 8 da mañá cando dous autobuses da empresa Autocares Pombo se ateigaron ata os topes na praza da Casa da Cultura. De alí, desprazáronse á localidade de Teixido. Ás 120.00 h asistiron a unha celebración eucarística no santuario de Santo André. Ás 14.00 h repuxeron forzas no restaurante O Sálvora por un módico prezo de 13 euros. De regreso, realizaron un paseo pola vila mariñeira de Sada para chegar a unha hora prudente, de novo, á praza da Casa da Cultura. Os excursionistas non viaxaron sós, senón que estiveron todo o tempo acompañados polo alcalde, José Muíño, polo concelleiro de Servizos, Carlos Allo, pola traballadora do departamento de Servizos Sociais, Cristina Morandeira, e pola voluntaria do Concello, Vicky Varela.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Servizos Sociais de Cabana.

Comentarios