mércores. 30.04.2025
El tiempo

Un Íntegro e reivindicativo Día Internacional das persoas con Discapacidade

Un Íntegro e reivindicativo Día Internacional das persoas con Discapacidade
Os usuarios de Integro foron concelleiros por un día en Ponteceso-Foto- Integro

Máis reivindicativo que nunca se presentou este 3 de decembro, Día Internacional das persoas con Discapacidade. I é que mentres que en Madrid milleiros de persoas amosan o seu malestar cos recortes para co colectivo de discapacitados, a Costa da Morte non foi allea, e tamén celebrou a data e claro tono de protesta.

E unha fermosa imaxe a protagonizaron os usuarios do centro ocupacional e centro de Íntegro. Convertíronse en Concelleiros por un día, nun pleno especial no Concello de Ponteceso. Leron as súas propostas e mesmo fixeron votación, sendo as propostas aprobadas por unanimidade dos presentes. Os usuarios contaron co apoio de José Luis Fondo, Alcalde de Ponteceso; Carlos Allo, Concelleiro de Obras e Servizo de Cabana e Alfredo Cañizo, Tenente Alcalde de Malpica. E abaixo podedes comprobar que as súas peticións son máis que naturais.

Os usuarios de Integro foron concelleiros por un día en Ponteceso-Foto- Integro

Música en Aspadex

Aspadex musical no Día Internacional da Discapacidade-Foto-Aspadex

Pola súa banda, o Centro Aspadex quixo celebrar a data en clave musical. Así un pequeno grupo dixirido pola pandeireteira Susana Trillo, amosaron a súa arte aos seus compañeiros, como nos contan dende o seu blog.

Celebración a base de deporte en Camariñas

E con motivo do Día Internacional das persoas con discapacidade, o Concello de Camariñas artella un Torneo de Fútbol para este mércores 5. Un torneo participarán os alumnos de 5º e 6º dos colexios de primaria "O Areal" de Camariñas e "O Allo" da Pontee do Porto, que compartirán experiencias cos usuarios das asociacións Aspadex, Apen e Integro.

Pretenden mediante esta actividade fomentar un cambio nas actitudes cara ás persoas con discapacidade e axudalas a eliminar barreiras á súa participación plena en todos os ámbitos da vida. Un día de convivencia que segue a liña do celebrado o pasado mes de marzo, máis en clave de obradoiro.

"Nós Queremos"

Os usuarios de Integro foron concelleiros por un día en Ponteceso-Foto- Integro

O primeiro Grupo da Asociación Íntegro, formado por Toni, Javi, Dorinda, Yoli, Fani, Antelo, Carlos e Isa, fixo esta declaración de intencións:

  • Queremos autonomía persoal para poder vivir a nosa vida como nos queiramos.
  • Qureremos que conten con nos para o día a día.
  • Non queremos ir cara atrás, queremos seguir para adiante, que non se cerren os centros onde aprendemos e convivimos, onde definitivamente aprendemos a vida.
  • Queremos e esiximos que os nosos dereitos se respeten.
  • Queremos unha terminoloxía axeitada o século no que vivimos.
  • Queremos máis postos de traballo.
  • Queremos que nos traten coma iguais e queremos ser visibles, non queremos escondernos nin que nos escondan nunca máis.
  • Precisamos máis programas de ocio, que sexa adaptado e inclusivo.
  • Queremos en definitiva unha vida coma a de calquer outro cidadán, poder ir a calquer cafetería,, ó cine, disfrutar un día de piscina ou praia, ir de compras sen tropezar con escaleiras nin beirarrúas.

"Todos iguais"

Mentres, o segundo grupo (Vero, Eduardo, Rosa, Ernesto, Rubén, Bárbara e Miguel), fixo lectura dende os seus postos de concelleiros por un día, das seguintes peticións:

  • Queremos un trasporte urbano accesible, no que todos poidamos viaxar.
  • Todos temos dereito de acceso a instalacións, e queremos que sexa cumplido, queremos entrar e disfrutar de piscinas, polideportivos, cines e calquer outro lugar público.
  • Todos temos dereito a unhas pensions dignas, incluídos aqueles con diversidade funcional que non poidan traballar.
  • Queremos o acceso a tódolos recursos tanto peroais como materiais para levar a cabo unha vida feliz.
  • As leis son para todos iguais, como persoas esiximos que os Gobernos apliquen a lexislación e a Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional.
  • Queremos asimesmo unha educación inclusiva , basta xa de separación e diferenciación.
  • Avogamos pola asistencia persoal que nos permita ter máis autonomía e poidamos realizar actividades que a día de hoxe para moitos se nos antoxan imposibles, como pode ser o viaxar sen ter que depender de amigos ou membros da familia.
  • Queremos ser todos iguais, queremos ser un máis.

Manifesto da Asociación Íntegro polo Día internacional das persoas con discapacidade

Neste día internacional das persoas con discapacidade queremos manifestarlles a nosa preocupación e a das nosas familias.

Consideramos que as persoas con diversidade funcional (discapacidade) e as súas familias estamos nunha situación cada vez máis difícil.

A crise económica e as decisións políticas fan que periguen os nosos dereitos. Ademais cada vez temos menos axudas e apoios.
Ante esta situación dirixímonos aos políticos para que dean máis importancia á inclusión social das persoas con diversidade funcional e que sexa tema clave para eles. Desta forma terán máis conciencia e evitarán a perda de dereitos e os retrocesos que se están a producir agora.

Queremos facer constar que os nosos dereitos humanos nunca foron respectados e que o levamos denunciando dende hai anos.

Entendemos que a crise non a poden pagar os sectores máis fráxiles da sociedade, en lugar de facelo os seus verdadeiros responsables. Sorpréndenos que o diñeiro público servise para manter a algúns sectores da banca, e as súas "obras sociais", en lugar de servir para manter directamente os nosos dereitos.

Entendemos que esta crise é unha oportunidade de cambio profundo á hora de afrontar as políticas sociais da diversidade funcional, investindo en educación inclusiva e en vida independente de todas as persoas; investindo en dereitos humanos.

Esiximos que o diñeiro que se destine ás persoas con diversidade funcional a través das políticas públicas sociais, vaia para facer cumprir a Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional e que implica investir directamente nas persoas, para educación inclusiva, asistencia persoal, accesibilidade, fomento da igualdade de oportunidades e a non discriminación.

Polo anteriormente dito, propoñemos:

- Adaptar lei por lei da nosa normativa á Convención sobre os Dereitos das Persoas con diversidade funcional, con mecanismos sancionadores e prazos cribles. Non serve escudarse tras a crise para eternizar tempos.
- Unha asistencia persoal digna e eficaz que sirva para nivelar o terreo de xogo que pisamos.

- Unha educación inclusiva de calidade conforme ao devandito tratado internacional, sen deixar lugar aos centros de educación especial, que segregan as persoas dende o inicio da súa vida.

Para iso é preciso eliminar barreiras de todo tipo: urbanísticas, arquitectónicas, de comunicación, de transporte, vivenda...

Todo isto redundará tanto no cumprimento dos nosos compromisos, coma na realización dos nosos negados dereitos humanos. Ao mesmo tempo, estas dúas medidas contribuirán a crear maior e mellor emprego, e a reducir a nosa débeda.

DEREITOS HUMANOS XAAA!!!

  • Manifesto da Asociación Íntegro polo Día Internacional das persoas con discapacidade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios