Un libro sobre Dombate


O Centro Arqueolóxico de Dombate, en Cabana de Bergantiños, acolleu esta mañá a presentación do libro "O dolmen de Dombate: arqueoloxía, arquitectura e conservación", editado pola Deputación da Coruña. A publicación repasa, en 311 páxinas, o longo proceso de estudo, conservación e posta en valor do monumento megalítico máis importante de Galicia, tamén chamada a "Catedral do megalitismo galego".
No acto de presentación desta publicación, da que se editaron 1.000 exemplares, estiveron presentes o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e os autores da mesma Fernando Cebrián e José Yáñez, do servizo de Arquitectura da institución provincial; Francisco Vidal, arquitecto autor dos edificios que compón o Centro Arqueolóxico e Manuel Lestón, arqueólogo. O arqueólogo e restaurador Fernando Carreira, tamén coautor do libro, non puido asistir ao acto.
Pola súa banda, o portavoz dos autores do libro, José Yáñez, afirmou que o libro "reflexa en seis capítulos os diferentes aspectos técnicos e científicos do proceso" que se desenvolveu en Dombate, pero conta tamén cunha clara vocación divulgadora.

Dinamizando Dombate
Se no primeiro trimestre, con tanta obra, tan só houbo 308 visitas, neste primeiro mes dende a inaguración xa e contailizaron 2.985 visitas.
"A conclusión que podemos extraer é que o Dolmen de Dombate e o ambicioso proxecto de recuperación, conservación e posta en valor do monumento que realizamos está espertando un gran interese entre os cidadáns. E iso é para nós a maior das satisfaccións, pois nos indica que fixemos un bo traballo", afirmou o Presidente da Deputación Salvador Fernández Moreda.
Máis obras
Así mesmo, o presidente provincial coruñés recordou que a Deputación ten en fase de licitación diversas actuacións e infraestruturas pendentes para completar o proxecto museístico de Dombate, como a neocámara que se instalará no centro de recepción de visitantes (unha réplica a escala 1:1 do dolmen); os elementos expositivos, unha estación microclimática ou as actuacións de limpeza e conservación das pinturas parietales do interior do megalito; todo iso por un importe global de 263.000 euros; e apuntou que as empresas interesadas en participar poden presentar as súas ofertas ata o próximo 25 de maio.
Novas relacionadas
- Por fin se inaugurou o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate.
- O DOG xa publica como BIC o Castro de Borneiro.
Visitas a DOmbate
- 02-03-11: Unha visita semanal a Dombate (XIV): Albíscase o final do primeiro túnel.
- 24-02-11: Unha visita semanal a Dombate (XIII): Que vos parecen as obras de musealización?.
- 10-02-11: Unha visita semanal a Dombate (XII).
- 04-02-11: Unha visita semanal a Dombate (XI).
- 27-01-11: Unha visita semanal a Dombate (X).
- 18-01-11: Unha visita semanal a Dombate (IX).
- 10-01-11: Unha visita semanal a Dombate (VIII).
- 29-12-10: Unha visita semanal a Dombate (VII).
- 22-12-10: Unha visita semanal a Dombate (VI).
- 15-12-10: Unha visita semanal a Dombate (V).
- 09-12-10: Unha visita semanal a Dombate (IV).
- 30-11-10: Unha visita semanal a Dombate (III).
- 23-11-10: Unha visita semanal a Dombate (II).
- 17-11-10: Unha visita diaria a Dombate (I): Falamos con Angel Eiroa, guía turístico en Dombate.
- Que pasou na Costa na época moderna: A asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI (I).
- Que pasou na Costa na época modera: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (VIII) - 8. O comercio extrapeninsular e consideracións finais.
- Que pasou na Costa na época modera: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (III) - 3. O século XVIII: a situación na vila de Cee e noutras parroquias da comarca.
- Que pasou na Costa: O Megalitismo na Costa da Morte.
- 04-02-10: A boina de Dombate xa ten a primeira pedra.
- Asinado o contrato para rehabilitación de Dombate.
- Dombate terá unha boina doble.
- Dombate terá boina nova no 2010.
- 25-04-08: Dombate xa ten proxecto, e galego.
- 02-02-08: Dombate afunde.
- 21-11-07: Vinte anos con boina.
- A Xunta destaca o potencial do Castro Barreiras pero non se compromete a dar novos pasos.
- Unha expedición arqueolóxica estudia os petroglifos da Campaíña, Fieiteira e Regadiña.
- O castro tapado de Laxe.
- Escarvando na lenda de San Guillerme.
- Piden dende Fisterra a eliminación do tramo Fisterra - Muxía como Ruta Xacobea.
- Coidando o Castro de Borneiro e artellando o Parque do Megalitismo.
- Un campamento viquingo na Costa".
- A Xunta recupera por fin o Castro de Barreiras.
- 188 xacementos no Atlas arqueolóxico da comarca de Fisterra.
- Nota de prensa da Deputación.
- Fotos de Torrecilla.