Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha visita semanal a Dombate (XII)

Unha visita semanal a Dombate (XII)

Nin decembro, nin xaneiro, nin febreiro, e tal como imos as obras do dolmen de dombate non acabarán ata o verán. Polo de pronto, nin en Cabana coñecen os prazos para rematar as obras, i é que como vimos comprobando nos últimos meses da man de Stevo Lema, as obras van paseniño. E iso que traballan ata os sábados...

Estes días, ademais dos lavabos do edificio de entrada, están colocando unha pasarela de madeira arredor do dolmen, están finalizando a cuberta e colocando os canalóns.

Suponse que en breve sairá a concurso as obras propias de musealización, que necesitarán uha atención especial.

Así nolo conta o propio Lito Eiroa, técnico de turismo do concello cabanés e guía no Dolme, que estes días estivo cos xornalistas especializados da Fam Press, aos que guiou polo Castro Borneiro.

E non se aburre malia que non son moitos os turistas que se achegan polo dolmen nestes meses de inverno. "Sempre hai algún veciño que se achega e pregunta que como é posible que faga falta un edificio tan grande. Hai que explicarlles que a mámoa ten 24 metros de diámetro, e cando lle pos exemplos como o dos guerreiros de Terracota, e de como se fixo un museo enorme para evitar o desgaste, enténdeno mellor".

Novas relacionadas

Artigos relacionadoa

Máis novas

Máis novas

Fonte

Comentarios