Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha visita semanal a Dombate (XIV): Albíscase o final do primeiro túnel

Unha visita semanal a Dombate (XIV): Albíscase o final do primeiro túnel

14 semanas levamos visitando puntualmente as obras de musealización do dolmen de dombate, cando pensabamos que en 6 ou 7 xa teríamos finalizado.

Así e todo, parece que a fin das obras está máis cerca que nunca. As ventás xa comezan a ser unha realidade, e dentro intentarán manter un rigoroso control de temperaturas e humidade. Achegados á zona agardan que a humidade sexa corrixida con mimo, xa que as pinturas estiveron sempre nun ambiente moi húmido (superior ao 92 %) e con tanto vidrio transparente pode ser que a humidade baixe.

Primeira apertura

A empresa Construcciones Sigrás informaba de que o vindeiro martes 22 de marzo se procederá á presentación do remate das primeiras obras. O pavillón e o edificio de entrada, que vemos que xa está case que perfilado mesmo no seu interior.

Agora quedan as propias obras de aportación de contidos, para as que aínda non hai licitación. Así que, como mínimo, ata o verán o dolmen non verá as súas abertas.

Novas relacionadas

Artigos relacionadoa

Máis novas

Máis novas

Fonte

Comentarios