Martes. 15.10.2024
El tiempo

Un San Valentín doce e moi Íntegro

Un San Valentín doce e moi Íntegro
Integro en Coristanco cos doces do San Valentin Íntegro en Coristanco cos doces do San Valentín

O amor move paredes. E así o entenden dende a Asociación Íntegro, que celebrou un San Valentín cunha edición especial de Agasallos. Os usuari@s preparron unha serie de pasteis, cremas e moito amor. Riquísimas piruletas de chocolate con forma de bico, cup cakes de cores en dous tipos de envases e cestiñas de caramelos son algúns dos produtos que tiveron á venda esta semana no centro comercial Carrefour de Coristanco e nas nosas instalacións de Nantón.

A estancia en Coristanco resultou altamente satisfactoria. De feito, só tiñan previsto estar en Carrefour o xoves, pero recibiron tan boa acollida que decidiron repetir o venres. Jessica e María Luisa foron as encargadas de atender o stand e de ofrecer aos visitantes toda a información sobre os agasallos elaborados polos usuarios e usuarias do centro ocupacional, tanto dos doces (cup cakes a 1,50 e 3 euros, piruletas a 2 euros...) coma dos de bixutería (pulseiras a 3 euros, chaveiros, colgantes...). Ademais, agasallaron a todas as persoas que visitaron o posto cunha rosa feita a man nas nosas instalacións, e ofreceron información sobre o centro e as actividades que levamos a cabo.

Despois desta edición especial de agasallos para o Día dos Namorados xa andan pensando en novas creacións para Pascua.

Integro en Coristanco cos doces do San Valentin 3 Integro en Coristanco cos doces do San Valentin 3 Novas relacionadas Fonte

Comentarios