Martes. 05.11.2024
El tiempo

Unha comisión de políticos e técnicos velará pola conservación do Dolmen de Dombate

Unha comisión de políticos e técnicos velará pola conservación do Dolmen de Dombate
A Deputación da Coruña financia con 60.000 a xestión do dolmen de Dombate A Deputación da Coruña financia con 60.000 a xestión do Dolmen de Dombate Unha comisión de políticos e técnicos - pertencentes ao concello de Cabana de Bergantiños e á Deputación da Coruña - será a encargada de velar pola conservación e o mantemento do Dolmen de Dombate. Esta é a principal novidade que se desprende do convenio firmado onte entre o alcalde cabanés, José Muíño, e o responsable da área de Patrimonio do organismo coruñés, Xesús Souto que pon fin a un periodo de incertidume sobre o futuro do megalito. No convenio, a Deputación encoméndalle ao concello de Cabana de Bergantiños os servizos de atención de visitantes e as actividades culturais complementarias ademais de iniciativas de posta en valor do Dolmen. Entre as tarefas recollidas no acordo atópanse facilitar a visita ao recinto con servizos de guía, o control do tránsito priorizando a protección do monumento, a conservación e mantemento, a realización de visitas guiadas de 30 minutos, a dinamización do museo, o fomento de estudo e investigación ou a promoción de actividades culturais. Visitas guiadas Entre outras actividades de difusión e formativas o Dolmen de Dombate acollerá visitas escolares todos os venres de xaneiro, febreiro, marzo, outubro, novembro e decembro e os xoves de abril, maio e xuño. Como actividade nova propóñense as visitas nocturnas nas noites do verán. O convenio estipula os horarios de atención ao público que serán de fin de semana en temporada baixa e ampliarase a toda a semana en temporada alta. O Domen conta tamén cun teléfono habilitado para a atención a visitantes para cita previa co número 981754020 e poderase reservar tamén cita por escrito a través do correo electrónico [email protected] ou no fax 981754229. O texto do convenio contempla unha especial atención á conservación e protección do monumento e, desta maneira, limítase a 25 as persoas que poden estar no interior nas distintas actividades para engadir que, “en todo caso, as actividades deberán ser compatibles coa finalidade e adecuado uso deste ben cultural, para o que se deberán adoptar todas as medidas necesarias para a súa total protección e perfecta conservación”. O convenio obriga ao concello a solicitar da Deputación autorización para a realización das actividades, dando conta de datas, horarios e adxuntando unha memoria xustificativa. A Deputación achega ao Concello de Cabana de Bergantiños a cantidade de 60.000 € para a prestación de servizos de atención ao visitantes ao monumento. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios