Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Unha Noite de Estrelas con Jorge Mira

Unha Noite de Estrelas con Jorge Mira
Cabana de Bergantiños vai de Ruta cara as estrelas. Será o vindeiro venres, 12 de agosto, dende as 22:00h. A cita, organizada polo Concello de Cabana, cambiará as parroquias de Borneiro e Anos, polas que transcorreu noutros anos, para achegarse nesta nova edición a Riobó. Os anfitrións que guiarán a ruta serán o físico baiés Jorge Mira e o historiador borneirán Ángel Eiroa. O percorrido arrincará desde a igrexa de San Martiño de Riobó. Despois, ascenderase polos terreos do vello campo de fútbol e achegarase ó cume dos Chans de Perrol (o máis alto do concello) desde onde se poderá contemplar unha ampla panorámica nocturna das comarcas de Bergantiños e Soneira. Alí, Jorge Mira realizará a súa explicación da esfera celeste. Para acudir a esta ruta aconséllase levar calzado cómodo, un pao e ir acompañado de lanterna. O percorrido estará acompañado por membros da Policía Local e de Protección Civil de Cabana de Bergantiños. A lonxitude aproximada do percorrido é de 7 km e prevese o regreso á 1 da mañá. Dende o Concello cabanés infórmannos de que haberá un servizo gratuíto de autobús para aqueles turistas que se inscriban nesta ruta nos establecementos hostaleiros. Esta viaxe será de ida e volta.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cabana de Bergantiños.

Comentarios