Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha reflexión sobre a loita social bergantiñá na documental Tesouro de Corcoesto

Unha reflexión sobre a loita social bergantiñá na documental Tesouro de Corcoesto

Despois da emotivísima estrea en Carballo, con centos de protagonistas, a documental de Cora Peña Tesouro de Corcoesto estreábase por primeira vez aberta ao público no Centro Galego de Arte e Imaxe, o CGAI da Coruña. A sala encheuse para ver este exemplo de loita social no rural costeiro, e para charlar coa autora.

Presentacion no CGAI da Documental Tesouro de Corcoesto-Foto-Contraminate

Unha documental tremendamente informativa, que alterna fantasticamente as palabras de científicos coas dos veciños, saltando da espeficidade dos técnicos á claridade dos máis naturais. Ese veciño falando de como as aves escaparían das detonacións, ou a Lola dicíndolle á veciña “Eu o que non me esperaba era isto de Feijoo, verdade Mari Carmen”, son auténticas representacións da nosa libre veciñanza galega.

Precisamente a loita social é unha das claves da documental. “O que fixo a cidadanía foi frear o proxecto. Se non houbese presión social estaría xa en marcha”, recoñece Cora, que sen embargo non cre que esteamos ante unha paralización definitiva do proxecto, nin que esta fose gracias á loita. “Penso que hai outros intereses politicos, dende esperar o libre tratado con Canadá ou que están esperando ás eleccións”, apunta, deixando claro que o proxecto, como todo o Plan Mineiro de Galicia, “aínda está vivo”. ”Para isto facemos o documental para que se vai adiante de novo a xente teña mais informacion e siga unida e e pelexando”.

Falamos dunha documental posicionada, evidentemente, pero tamén deixa ver a visión dos que están a favor sen manipulación. Iso si, cada quen queda reflexado, como un crúo alcalde de Cabana, que non ve máis futuro para o seu pobo que o da mina; os da empresa mineira, que rexeitaron unha e outra vez dar explicacións, non só ao documental senón a calquera medio, coma nós.

Expón precisamente a política dunha empresa mineira como Edgewater: “Entrar, comprar e dividir”, e precisamente os roces sociais creados entre os veciños que se posicionaron a favor e os que se puxeron en contra van quedar sempre, como recoñecían varios veciños asistentes á estrea.

Atentos estaremos en anunciar, para a xente que anda por Santiago, a vindeira cita, que será en dúas semanas na capital compostelá.

Entrevista co alcalde de Cabana

Duras son as verbas do alcalde cabanés na entrevista, que non ve outro futuro para o seu pobo que o da mina. E tamén duras, pero noutro sentido, son as verbas do científico do INstituto Isidro Parga Pondal, Vidal Romaní, tan intersantes como valentes:


Entrevista completa con Vidal Romaní


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Cora Pena na Presentacion na Coruna da documental Tesouro de Corcoesto

Comentarios