![]()
A vindeira fin de semana volve a ruta "Saberes e Sabores" de Cabana de Bergantiños na que os protagonistas serán os pinchos, as visitas guiadas e a música.
Na iniciativa gastronómica participan establecmentos de Anos, Nantón e Riobó ofrecendo petiscos e menús especiais. Ademais, o sábado ás 17 horas sairá da parrillada A Pedra de Nantón a ruta das Mámoas. O domingo, haberá dúas propostas sendeirismo. Unha ás 11 horas, polo lugar de Riobó e outra ás 17 horas por Anos.
O Son do Castro, Os Farrapos e os gaiteiros de Anos serán os encargados da animación musical. E para desprazarse entre as parroquias, os participantes poderán empregar o tren turísitico.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Cabana de Bergantiños