Volve a estafa do gas por Bergantiños
08:40 16/10/12
Onte chegounos unha queixa dun veciño da zona de Bergantiños, i é que volven as estafas do gas a ser unha perigosa realidade. Diego Suárez explícanos que unha empresa de gas, baixo o nome de Eurosol SL, está pasando polas casas supostamente a pasar a revisión do gas.
Segundo nos comentan van moi preparados e é difícil decatarse que se tratan de estafadores, cando o único que fan é cobrar unha certa cantidade de cartos pola revisión.
Digo coméntanos que o viviron varios veciños de Cesullas, en Cabana de Bergantiños pero pode que se extenda pola zona así que cómpre estar alerta.
Novas relacionadas
- Ponteceso, Laxe, Cabana e Malpica crean a comunidade intermunicipal Costa Bergantiñán.
- Fraude Forestal: Afectados acusan á Xunta.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).