Xosé Manuel Varela edita a Antoloxía de poetas populares de Cabana de Bergantiños

08:30 09/12/13

Ten alma de divulgador e non o pode remediar. Ademais de levar recuperado e espallado a cultura da regueifa, das cantigas, do entroido... Xosé Manuel Varela Varela edita nestas datas nada menos que a "Antoloxía de poetas populares de Cabana de Bergantiños".
Nela recolle vida e obra de artistas cabaneses como María Baña Varela, Fermín da Feiranova, Hermosinda Varela Lema, Plácido Vigueret e Matilde Vilariño Pose.
Impagable o labor de Xosé Manuel Varela en canto á recuperación cultural da zona de Bergantiños.
Presentación Viaxe polo corazón de Bergantiños en Cances
O propio Xosé Manuel estará na nova presentación do libro "Viaxe polo corazón de Bergantiños" que Xosé Pumar Gándara fará no Local Social de Cances. A cita será este sábado 14 de decembro ás 20:00h.

Novas relacionadas
- E Rosalía tamén rendeu homenaxe a Fermín da Feiranova.
- O pandereteiro de Neaño Plácido Vigueret.
- Música e literatura mesturáronse na polafía de Cabana.
- A regueifa perde a Fermín da Feiranova, o máis antigo dos regueifeiros de Bergantiños.
- A regueifa revive en Xornes, berce da canteira retranqueira bergantiñá.
- Caldebarcos rima nos Muíños unha oda ao millo.
- Os pequenos vimianceses xa riman a golpe de regueifa.
- Xosé Manuel Varela e Fermín Calvo espallan a regueifa bergantiñá por Chantada.
- Música e literatura mesturáronse na polafía de Cabana.
- A “Polafía”, unha auténtica viaxe en vídeo pola tradición de Cerqueda.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).