Xoves. 25.04.2024
El tiempo

232 mozos de 6 centros escolares disfrutan do mar en horas lectivas

232 mozos de 6 centros escolares disfrutan do mar en horas lectivas

Continúa este fermoso proxecto de achegar o mar aos máis novos a través da vela. Un proxecto no que participan este ano 232 escolares pertencentes aos Concellos de Camariñas, Cee, Dumbría e Fisterra, e que cambia as clases de educación física dentro do pavillón, por unha experiencia moi máis auténtica. I é que nunha bisbarra como a nosa, o mar non pode faltar nas nosas vidas, e a vela pode ser un argumento perfecto para que as novas xeracións sigan mantendo o que a pesca conseguíu durante séculos.

6 centros de 4 concellos

Concretamente son 6 os centros participantes na iniciativa promovida por e Centros Educativos que participan no programa de Cataventos Escola de Vela e o Clube Maritimo Carrumeiro:

  • C.E.I.P. O Areal de Camariñas;
  • C.E.I.P Ponte do Porto;
  • Colexio Manuela Rial;
  • C.E.I.P Eugenio López;
  • C.E.I.P Santa Eulalia de Dumbría;
  • C.E.I.P Mar de Fóra de Fisterra.

Teoría e práctica

Logo das sesións teóricas recibidas polos alumnos durante o mes de marzo nas cales se incluía ademais de teoría da navegación a vela, coidado e conservación do medio mariño e metereología, os alumnos comezan ao saír ao mar para experimentar en primeira persoa as sensacións que ofrece o mar e comprobando as diferenzas metereologicas que xorden ao longo das sesións.

As embarcacións utilizadas ademais dos barcos escola, cóntase con pequenos veleiros para un ou dous tripulantes e unha pequena flota de Kaiak`s na que os alumnos realizan rutas nas rías.

Este proxecto realízase grazas á colaboración dos Clubs Náuticos locais, Concellos, Centros Educativos e co patrocinio das Empresas Ferroatlantica, Conservas Boya e a Secretaria Xeral para ou Deporte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Clube Marítimo Carrumeiro.

Comentarios