Venres. 19.04.2024
El tiempo

#25N: Concellos e escolares demostran a maior implicación da Costa da Morte na loita contra as violencias

#25N: Concellos e escolares demostran a maior implicación da Costa da Morte na loita contra as violencias
Cee demostrou o seu potencial social contra a violencia de xénero-Foto-Rafa Quintáns Realmente está sendo asombrosa implicación da Costa da Morte na campaña polo Día contra a Violencia de Xénero. Ano tras ano segue medrando o interese de entidades, de concellos, de centros de ensino e da propia sociedade, que cada vez máis se decata da necesidade de loitar contra esta doenza social. A realidade é que a campaña En negro contra as violencias ten calado na comarca, e só 4 concellos quedaron fóra do paraugas desta iniciativa que partiu hai 3 anos do Concello de Santiago, e xa cobre medio país. I é que non podemos cambiar o foco, porque as cifras (ademais de todas as historias que hai detrás) non nolo permiten. Segundo ONU Mulleres, o 35% das mulleres do planeta sufriron violencia física e/ou sexual por parte do seu compañeiro sentimental ou violencia sexual dunha persoa distinta deste nalgún momento da súa vida. No Estado español, desde o 2003 foron asasinadas case 1000 mulleres e no que vai de ano a violencia de xénero rematou coa vida de 43 mulleres, 3 delas en Galicia. Aínda coa expectación posta na A Buseranagran manifestación que deberemos vivir este domingo da man da Buserana e a Marcha Mundial das Mulleres ás 20:00h na Praza 8 de marzo de Cee, facemos un repaso das acción que desenvolveron este venres os concellos da volta.

300 persoas en Zas

Máis de 300 persoas demostraron en Zas a incidencia desta campaña. Estudantes dos tres centros educativos do municipio, usuarios e usuarias da Asociación Íntegro, veciños e veciñas, persoal dos distintos servizos municipais e membros do Goberno Municipal tinguiron de negro a praza do Concello. Foi a Concelleira de Igualdade, Patricia Senande, a que se encargou de ler a Declaración Institucional na que se rexeita a violencia contra as mulleres e as nenas. “Hoxe, 23 de novembro, desde o Concello de Zas queremos reiterar o noso compromiso para loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres; amosando, ademais, o noso firme rexeitamento de quen as exerce e da complicidade de quen as silencia”, sentenciou. Os lemas máis repetidos foron “Quero decidir eu”, “Temos que respetarnos todos”, “Para entrar no corazón, non á violencia”, “Queremos vivir a nosa vida”, “No século XXI non queremos machismo” ou “Amor non é control”. Pero non paran aquí as actividades sobre o asiunto, pois este luns impartirans obradoiros nos tres centros de ensino sobre a prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixitial, tales como a ciberviolencia de xénero, gooming, sextorsión,… Pantallas Amigas será a encargada de impartir esta actividade organizada polo CIM de Zas. Ademais destes talleres, o alumnado dos tres centros educativos asistirá o próximo día 29 ao espectáculo “Por unha peseta” que terá lugar no Auditorio de Baio da man da formación Apatacón, composta pola vocalista Faia Díaz e a cantadora Vero Rilo.

#Dumbríaennegro

Dumbria en negro contra as violencias Dumbría tamén afianza o seu compromiso político para busca a implicación social, mprescindible para acabar de forma definitiva con esta maldade. Os seus profesionais non dubidaron en posar vestidos de negro. Dumbria en negro contra as violencias2

#Muxíaennegro

Concentracion polo 25N en Muxia Tradicional xa a concentración ás portas do Concello de Muxía, onde todos os traballadores quixeron acodir ao posto de traballo vestidos de negro. Unha concentración que contou co apoio da comunidade educativa do IES Ramón Caamaño.  

#Ceeennegro

Cee contra a violencia de xenero-Foto-Rafa Quintans 2 Os escolares leron manifesto no acto de Cee contra a violencia de xenero-Foto-Rafa Quintans 2 Emotivísimo acto na Casa da Cultura de Cee coa participación dos centros de ensino. A vila da Xunqueira corrobora así o cambio xeracional que se está vivindo nas últimas datas, e demostra cun cheo completo que a sociedade non permite que continúe esta desfeita. Cheo en Cee contra a violencia de xenero-Foto-Rafa Quintans A Casa da Cultura estaba chea-Foto-Rafa QUintáns  

#Camariñas dalle ás costas á violencia de xénero

CEIP PONTE DO PORTO en negro polo 25N Alumn@s do CEIP Ponte do Porto en negro polo 25N Singular a campaña do Concello de Camariñas apoiado polos escolares. Triple manifestación realizaron os alumnos dos centros educativos de CEIP O Areal, CEIP Ponte do Porto e IES Plurilingüe Pedra da Águia, onde ademais dun minuto de silencio, e da lectura dun manifesto por parte do alumnado, ergueron globos da campaña #Camariñasennegro, e déronlle ás costas ás violencias. O IES PEDRA DA AGUIA en negro polo 25N O IES PEDRA DA AGUIA en negro polo 25N

#Mazaricosennegro

Concello e asociacións quixeron concentrarse ás portas do Concello tamén esta pasada mañá de venres para berrar alto “Non á violencia de xénero”.

CIM Muros

Ximiela vestiuse de negro Ximiela vestiuse de negro O activo CIM de Muros ten empapelado media vila, e se ben ten que desconvocar a andaina deste sábado, mantén a convocatoria para a gran Nos centros escolares como o Ramón Artaza xa realizaron as súas actividades. Todo o alumnado vestido de negro ao unísono, formando un gran lazo negro na pista do colexio, cantaron e interpretaron en linguaxe de signos a canción de Guadi Galego “Chea de Vida”. Escolares do Ramon Artaza facendo un lazo negro Escolares do Ramon Artaza facendo un lazo negro

#Vimianzoennegro

Boa participación da sociedade tamén en Vimianzo co gallo do 25N. A Concelleira Marta Rey deixou claro que en Vimianzo "aquerémonos libres e vivas! Nin unha máis, nin unha menos!".

Novas relacionadas

Comentarios