Luns. 14.10.2024
El tiempo

35 mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo xa traballan gracias ao programa PIE

35 mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo xa traballan gracias ao programa PIE
Segue analizando a súa incidencia o programa PIE 2017, programa de emprego dirixido exclusivamente a mulleres dos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo 2017. A día de hoxe, das 85 participantes, xa conseguiu que 35 mulleres traballaran. O principal sector de ocupación das participantes é o da hostalaría, ademais da axuda á dependencia e tamén como dependentas en comercios. A formación tamén é un dos puntos importantes, e xa ten realizado numerosos  cursos, como o de manipuladora de alimentos, prevención de riscos laborais, a preparación para as competencias clave, informática administrativa, curso de autoemprego, curso de hostalaría integrado, e recentemente o de informática básica. O programa de emprego continúa realizando accións orientadas á mellora de posibilidades de inserción laboral das participantes. Esta previsto que o vindeiro día 8 de agosto, comece a impartirse o certificado de profesionalide de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Este certificado profesional ten unha duración de 450 horas, incluíndo o período de prácticas en empresas. Na actualidade este certificado está a ser a ferramenta básica para acceder ao mercado laboral nun dos principais nichos de emprego da nosa comarca, a axuda á dependencia.  

Novas relacionadsa

https://quepasanacosta.gal/mais-de-30-mulleres-xa-conseguiron-emprego-co-programa-pie/

Comentarios