Domingo. 15.09.2024
El tiempo

42 perceptores da RISGA poderán ser contratados como peón de obras en 10 concellos costeiros

42 perceptores da RISGA poderán ser contratados como peón de obras en 10 concellos costeiros

Interesante axuda esta da Consellería de Economía, Emprego e Industria para varios concellos da Costa da Morte. Unha axuda para que os Concellos poidan contratar perceptores da Risga (Renda de Integración Social de Galicia) como peóns de obra, para que ao longo dos vindeiros meses encargaranse de reforzar diversas tarefas de interese e utilidade social.

Así, na Costa da Morte a Xunta investirá 340.000 euros para favorecer a contratación de 42 persoas que pasarán de percibir a Risga a obter un salario polo traballo satisfeito.

O Concello de Carballo contratará a 10 persoas, polos 5 que poderán contratar os Concellos de Malpica, Cee, Vimianzo e Fisterra, e polas 2 que farán os Concellos de Camariñas, A Laracha, Laxe, Muxía, Ponteceso e Zas.

O Delegado da Xunta, Ovidio Rodeiro sinalou que “a medida busca favorecer a inserción laboral destas persoas e evitar a súa cronificación nunha situación de exclusión”. “É unha magnífica oportunidade tanto no ámbito social como no relativo á oportunidade laboral que representa”, engadiu. Os beneficiarios desta iniciativa serán aqueles perceptores da Risga que estean inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados. Entre eles, terán preferencia aqueles que teñan asinado un proxecto de inserción de carácter laboral, conten con cargas familiares ou dispoñan de máis de 45 anos.

Fonte

  • Xunta.

Comentarios