700 palilleiras de todo o país acoden á chamada unitaria das Nemanquiñas
Nada menos que 700 palilleiras encherán de encaixe o pavillón de Vimianzo este sábado 7 de novembro. Un xantar xigante nesta IX Xuntanza de Palilleiras en Vimianzo organizada pola Asociación de Palilleiras “As Nemanquiñas” soneirá, que quere agradecer a colaboración do alcalde.
9 anos dan conta do potencial desta artesanía centenaria en Galicia e así o demostra a visita de colectivos de palilleiras dende Viveiro, Foz, Cervo, Burela, Sarria, San Ciprián, Lugo, Ribeira Sacra, Pontevedra, Vigo, Cambados, Vilanova de Arousa, Vilagarcía da Arousa, Tui, O Porriño, Coruña, Boiro, Valga, Porto Novo, Valga, Ferrol, Fene, Neda, Ames, Betanzos, Lousame, Cambre, Arteixo, Coirós, Carral, Noia, Oleiros, Bergondo, Cedeira, Ponferrada, Camariñas, etc e como non de Vimianzo.
O obxectivo da xuntanza é unir os intereses de todas coa finalidade de promover a nosa artesanía o encaixe. Nesta xuntanza ó mesmo tempo que se exhiben os traballos tamén intercambiarán experiencias e ideas as /os participantes.
O pavillón estará aberto dende as 10:00h, a inauguración será ás 12:00h, e desta volta a comida de confaternidade será ás 13:30 horas no Restaurante Montevideo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).