Mércores. 24.04.2019
El tiempo

A Costa da Morte colgouse o cartel de Espazo Libre de Violencias Machistas

A Costa da Morte colgouse o cartel de Espazo Libre de Violencias Machistas
A Costa da Morte celebrou numerosos actos polo 25N polo Día contra a Violencia de Xénero, como en Muros A Costa da Morte celebrou numerosos actos polo 25N polo Día contra a Violencia de Xénero, como en Muros

Parece que a data do 25 de novembro está cada vez máis presente na Costa da Morte. Así o comprobamos coa cantidade de eventos celebrados na bisbarra para concienciar sobre a necesidade de erradicar esta desfeita social.

Este ano son 11 os concellos e máis de 250 os negocios da bisbarra que se implicaron na campaña “En Negro contra a Violencia de Xénero”. Unha participación que provocou ducias de concentración e unha constante cor negra por toda a bisbarra.

Todos lembraron as 45 vítimas deste 2017 (creando 23 orfos e orfas), e moitos aínda non son conscientes de que son case 1000 as que perderon a vida dende 2003, ano en que empezaron a contabilizarse oficialmente. Hai máis datos escalofriantes como o número de nenos e nenas mortas, a mans de parellas ou ex- parellas de mulleres vítimas de violencia de xénero: 8, neste ano (1 deles, tristemente galego). Desde o ano 2010 ata a actualidade 29 menores, case a metade menores de 3 anos.

Repasamos todas as citas deste #25N ao son do #Ninunhamenos:

Cee en Negro

https://www.facebook.com/Buseranas/videos/1696838793672760/ Rocío Leira lendo o manifesto

É sempre o centro neurálxico das accións contra a violencia de xénero gracias á actuación da Organización Femininista Buserana, a única da bisbarra. As bravas mulleres estiveron acompañadas na concentración celebrada ás 19:00h do sábado na Praza 8 de marzo de Cee, por un cento de persoas que gozaron coa música de Adhara & Ritman, e os versos de Rocio Leira, Suso Bahamonde e Juan Lema.

Non foi o único acto celebrado na vila da Xunqueira, na que o Concello conseguíu a implicación de moitos actores sociais e deportivos. O FSF Villa de Cee, o ACB Costa da Morte, o Club Cee Deportes de Contacto conmemoraron o día cunhas fotos nas redes sociais.

O Club Deportes de Contacto de Cee en negro

Ademais, o venres, o Concello leu un manifesto a cargo da escritora ceense Rocío Leira, nun acto no que participaron os centros escolares de Cee, APEM e ASPADEX.

https://www.facebook.com/TiendaASPADEX/videos/1692483384105227/  

Carballo en negro

Outras das capitais comarcais, Carballo, tamén tivo varios actos. Os paraugas foron os protagonistas poñendo a cor negra máis clara na concentración que serviu para ler o manifesto, antes de gardar dous minutos de silencio. A Declaración Institucional aprobada pola corporación é a perpetuación da desigualdade entre mozos e mozas nas novas canles de comunicación, polo que desde o Concello de Carballo avógase “por un cambio profundo dos modelos de masculinidade e feminidade, así como da maneira na que se constrúen as relacións afectivo-sexuais entre homes e mulleres”.

Precisamente foi un dos temas abordados na interesante mesa redonda nun auditorio do IES Alfredo Brañas, absolutamente cheo. O persoal do CIM, forzas de seguridade, alumnado, profesorado e vítimas abordaron a violencia na adolescencia.

Despois do apagado simbólico da Praza do Concello durante a noite do sábado, estes días 28 e 29 celebrarase no Pazo da Cultura un obradoiro de autodefensa persoal para mulleres, e o mércores 29 rematarán os actos coa actuación da Tropa de Trapo, co espectáculo Contamos todas, para o alumnado de 1º de Bacharelato.

 

Malpica en Negro

O xoves houbo en Malpica un acto para reincidir na idea que “a cidadanía debe involucrarse nesta loita”. O Concello lembrou o viral lipdub de 2015, e explicou que o calendario de Malpica para 2018 irán en clave de igualdade. Un calendario co nome “Por elas, por nós”, do que repartirán 2.500 exemplares. Lembraron ademais que o Concello ten un convenio firmado co Centro de Información á Muller de Carballo, outro co Punto de Información á Muller Rural creado pola Asociación Íntegro.
O acto lembrou ademais a Paco Souto e incluíu unha visita á exposición, que poderá verse tamén nos vindeiros días na sala circular do Fondo Lugrís.

 

Santa Comba en Negro

Santa Comba en Negro dende Sicilia Xalleiras en Sicilia

Foi unha fin de semana de cine e teatro reivindicativo en Santa Comba. Tanto na casa coma fóra, porque a cita máis destacada tivo lugar en Sicilia, onde un grupo de 4 xóvenes da Asociación ACDX SER de Santa Comba participa durante esta semana nun proxecto da Acción Clave 1 de Erasmus +, un intercambio xuvenil que promove a educación non formal entre os xóvenes europeos. Alí estiveron organizando un debate sobre a violencia de xénero.

Presentando cine-forum xalleiro

Xa no Multisusos tivo lugar unha interesante sesión de Cine-Fórum, e tamén impresionou a "25N-Performance" da Asociación de Mulleres Rurais de Santa Sabiña "25N-Performance”:

Ademais, o Bm. Xallas tamén se involucrou na data:

 

Zas en negro Comercios de Baio en Negro

Zas tamén participou na campaña #ennegrocontraasviolencias. Ademais, foron máis de 120 os establecimentos que se volcaron na campaña e o tecido asociativo creou este fermoso vídeo:

https://www.facebook.com/concellozas/videos/1756304981060013/  

Vimianzo en negro

Concentración en Vimianzo o venres pola mañá, para conmemorar a crúa data:

 

Camariñas en negro

Familia camarina do Encaixe polo 25N Familia camariñá do Encaixe polo 25N

Completa fin de semana arredor do 25N en Camariñas. Ademais da concentración ás portas do Concello, os equipos de fútbol, balonmán… a familia do Encaixe, e os comercios declaráronse espazos libres de violencias machistas.

O Porteno-Nanton celebrou o 25N O Porteño levou o campo do Nantón a pancarta polo 25N BM Camarinas en Negro contra a Violencia de Xenero O BM Camariñas en Negro contra a Violencia de Xenero Nenos e comercios de Camariñas volcados co 25N  

Laxe en negro

Así o celebrou Laxe:

https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10155747822207177/  

Muros en negro

Muros e Adisbismur contra a Violencia de Xenero Muros e Adisbismur contra a Violencia de Xenero

Moito traballo estes días o CIM de Muros, con distintas actividades. O venres tivo lugar na praza do concello unha concentración e a lectura do Manifesto contra as violencias machista e os integrantes de Adibismur leran a poesía “Pingas de pena”. Houbo ademais unha cita teatral que culminou unha semana de actividades arredor do 25N.

Intensa foi a semana no CEIP Ramón Artaza, onde a Biblioteca foi un fervedoiro cultural, e os nenos recibiron un agasallo en forma de libro dos Bolechas artellado polo CIM.

CEIP Ramon Artaza contra a Violencia de Xenero O CEIP Ramon Artaza contra a Violencia de Xenero  

Corcubión en negro

Colectivos, comercios e asociacións de Corcubión volcáronse este ano na data:

 

Fisterra en Negro

Fisterra contra a Violencia de xenero

De negro absoluto vestíronse os responsables municipais emais os alumnos do IES Fin do Camiño nun acto no pavillón.

 

Muxía en negro

O acto central en Muxía fiu unha Concentración 24 de novembro, ás 12.00h, diante da Casa consistorial, no que participaron os rapaces do IES. Ademais, os establecimentos engalaron de negro os seus escaparates e houbo un espectáculo de maxia.

 

Ponteceso en negro

O BNG de Ponteceso presentará o vindeiro luns 27 de novembro unha moción no pleno dirixida a sensibilizar con respecto a esta lacra social derivada dun concepto machista do rol social da muller. Moción que instará á Xunta a avanzar no Pacto galego contra a violencia machista, aprobado por unanimidade no Parlamento galego este mesmo ano, e a cumprir e avaliar o cumprimento dos decretos vixentes en canto a prevención e protección integral, así como apoiar desde o concello as campañas e accións de todo tipo de diversas organizacións.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios