A Costa da Morte padece de febre medieval


Menuda febre medieval ten a Costa da Morte nestes últimos tempos coas feiras medievais. E precisamente faise máis patente esta fin de semana do 19 ao 21 de xullo, que arrinca con dúas citas: o XII Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión, e o II Mercado Medieval de Camariñas.

I é que menuda mestura relixiosa-mariñeira-medieval a que se vai en Camariñas, pois fan coincidir o Mercado coas Festas do Carme, sen contar coa xa XVI Feira de Noia
Pero non son as únicas citas, Fisterra tamén se anima á febre co seu I Mercado Medieval Peregrino, unha volta de torca para non quedar ao marxe.
E aínda nos quedan un par de citas que xa forman parte da tradición do verán e que xa se gañaron o seu respecto. Non son citas estrictamente medieval, máis ben mariñeiras, pero encadran perfectamente nesta febre. Falamos do xa vivido intensamente das Xornadas Muros Mira ao Mar, así como o VII Mercado das Rutas do Mar de Muxía, que engalana a vila en clave mariñeira do século XVIII deixando unha fermosa e intensa estampa. A cita será os vindeiros sábado 10 e domingo 11 de agosto.
XIII Mercado Medieval de Corcubión

Pero o que facemos hoxe é repasar o programa do noso favorito, o Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión. Este ano, a pesar da substitución do Desembarco por un Desfile, parece que a cousa chega intensa. E o fai a golpe de música e teatro, ademais dos máis de 100 postos de artesanía que percorren todas as feiras do estado.
Cómpre destacar as actuacións musicais dos grupos medievais Wyrdamur, a música andalusí de Al-Folk, os esperados portugueses Cornalusa, e sobre todo, a volta do grupo que revolucionou Corcubión durante varios anos coas súas gaitas desgarradoras, Acibreira, que farán ata un concerto o sábado ás 0:30h, e repetirán 5 pasarrúas durante o domingo.
Precisamente o domingo a festa non remata ata entrada a media noite, cun espectáculo musical con lume que representarán Cornalusa e Atraspies.
En fin, facede un repaso polo completo programa, que non vai haber parada. Esperamos, ademais, ver ao pobo entregado, e que as foliadas locais tamén se fagan escoitar, que verdadeiramente é o pobo corcubionés o que fai desta festa unha das máis esperadas do verán.


Máis información
Novas relacionadas
- Fisterra tamén se anima aos Mercados Medievais dándolle un xiro peregrino
- 2013: Conta atrás para o Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión.
- 2013: O Mercado Medieval de Corcubión moderniza o Desembarco.
- Mercado 2012: O Mercado Medieval de Corcubión non perde tirón.
- Aparece unha Muralla Medieval no Campo do Rollo de Corcubión.
- Mercado 2010: As mil caras do X Mercado Medieval Costa da Morte.
- Mercado 2010: Noite de silencio e xantar de xúbilo no Medievo corcubionés.
- Mercado 2010: Reportaxe sobre o Desembarco do Mercado Medieval Costa da Morte: O pobo de Corcubión puido un ano máis coas Tropas do Arzobispo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).