Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte responde cunha gran manifestación en Compostela polos postos de traballo de Ferroatlántica

A Costa da Morte responde cunha gran manifestación en Compostela polos postos de traballo de Ferroatlántica
Unhas 7.000 persoas xuntáronse este sábado 8 de xullo nas rúas de Compostela para esixir á Xunta que evite a segregación das actividades de ferroaliaxes e de produción enerxética que está a solicitar o grupo Ferroglobe para a venda das centrais hidroeléctricas. Unha situación que conlevaría, segundo os sindicatos, o peche progresivo das fábricas de Cee e Dumbría, os sustentos laborais e económicos máis importantes da comarca de Fisterra. Marcha polos posto de traballo de Ferroatlantica por Compostela-Foto-Rafa Quintans Marcha polos posto de traballo de FerroatlÁntica por Compostela-Foto-Rafa QuintÁns A veciñanza da Costa da Morte demostrou que está preocupada polo asunto, e así o deixou superando mesmo a manifestación de Cee do pasado mes de marzo. Arrincaban o mércores dende Cee 75 bravos traballadores, e foron completando o Camiño do revés co apoio de todos os partidos políticos da oposición e a presencia de numerosos responsables políticos locais, comarcais e nacionais. Hoxe xa saían máis de 250 de Bertamiráns camiño a Compostela e xa na Alameda, veciños da bisbarra acompañaban para alzar a voz de toda unha comarca e que dende San Caetano tomen toma da forza e da unión da Costa da Morte ante a posible perda dos postos de traballo. Marcha polos posto de traballo de Ferroatlantica por Compostela-Foto-Rafa Quintans 0 Marcha polos posto de traballo de Ferroatlantica por Compostela-Foto-Rafa Quintans

Posicións políticas

A presencia de todos os grupos da oposición deixa en clara soidade ao PP neste asunto, sabendo que é a propia Xunta a que ten na man non permitir unha segregación que iría contra o interese público de toda unha comarca e contradicindo as sentenzas xudiciais que así o corroboran. Dende o BNG, Ana Pontón pedíalle hoxe a Feijoo “que escoite o clamor social e que se poña do lado correcto, o da Costa da Morte e Galiza”. Quíxolle lembrar ademais que “as centrais do Xallas non están para pagarlle as mordidas do PP ao imputado Villar Mir, e espera que deixe de agocharse tras informes que só dependen da súa decisión política do xefe do Executivo”. Pola súa parte, portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, considera “absolutamente razoables” as reivindicacións dos traballadores e dos veciños da Costa da Morte e volveu “reivindicar o mantemento dos postos de traballo e a continuidade da actividade industrial única das centrais hidroeléctricas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría”. Así o dixo durante a manifestación en contra da segregación das mesmas que tivo lugar hoxe en Santiago convocada polo Comité de Empresa.

Galería de fotos Rafa Quintáns

Marcha polos posto de traballo de Ferroatlantica por Compostela cos politicos ac cabeza-Foto-Rafa Quintans Moitos políticos na marcha-Foto-Rafa Quintans Concentracion por Ferroatlantica en Compsotela.Foto-Rafa Quintans Concentracion na Praza Roxa-Foto-Rafa Quintans  

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

 

Fonte

Comentarios