![Martin Castineira Perez do Club Nautico de Camarinas]()
Martín Castiñeira Pérez do Club Náutico de Camariñas, asinando o convenio con Abanca
![feira nautica camarinas 2018 copia]()
Segue avanzando a II Feira Náutica de ocasión de Camariñas (FENAUCAM 2018). E segue calando no empresariado. Esta semana, o Club Náutico de Camariñas chegaba a un acordo con Abanca para que a entidade financeira colabore neste evento, que coloca o sector náutico costeiro no panorama nacional.
O representante do Club Náutico de Camariñas, Martín Castiñeira Pérez, asinou este convenio de cara á segunda edición da Feira, que se celebrará os próximos días 22, 23 e 24 de xuño nas instalación do Club Náutico e na zona de Portos de Galicia.
Haberá unha carpa de entre 1.100 e 1.300 metros cadrados para acoller os distintos espazos comerciais das empresas participantes e onde se celebrarán as diferentes presentacións, exposicións, charlas e conferencias.
Con esta colaboración, ABANCA e o Club Náutico de Camariñas alíanse para que este evento, xa de carácter internacional, poida seguir crecendo e sumando na súa segunda edición, e consiga converterse nun referente do mundo náutico a todos os niveis nos próximos anos.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-feira-nautica-de-camarinas-segue-recadando-apoios-na-costa-da-morte-emais-en-francia/
https://quepasanacosta.gal/o-cn-de-camarinas-valora-o-exito-da-i-feira-nautica-e-xa-ten-data-para-a-cita-2018/