Un Paso Máis convoca un novo Obradoiro de Familia sobre medicación
A Agrupación Un Paso Máis continúa co seu compromiso coas familias a través do seu programa formativo "Obradoiros de Familia 2025-2026". Unha proposta que nace co obxectivo de crear espazos prácticos onde aprender, compartir e medrar xuntos. Con sesións o segundo sábado de cada mes (de outubro a xuño), o programa aborda situacións cotiás con profesionais de prestixio, poñendo sempre no centro o benestar das familias e o coidado mutuo no proceso de educación e crianza.
A vindeira cita terá lugar o sábado 11 de abril, baixo o título "Medicación: para que serve e para que non", unha sesión clave para despexar dúbidas sobre a saúde dos máis pequenos e o uso responsable dos fármacos.
Nesta ocasión, o obradoiro será impartido polo recoñecido experto Dr. Javier Díaz del Valle, psiquiatra con ampla traxectoria, quen guiará aos asistentes nunha xornada participativa e orientada a casos reais.
Novidades e localización
Como novidade para esta xornada, a organización comunica un cambio de localización. O obradoiro desenvolverase na Aula Formativa do Mercado Municipal, con entrada pola rúa Cervantes, mantendo o seu horario habitual de 10:00 a 13:00 horas.
Conciliación e inscricións
Para facilitar a asistencia e a conciliación das familias, a Agrupación pon á disposición un servizo de canguraxe no espazo de ocio "O Recreo". Este servizo ten un custo de 10€ por neno/a e inclúe merenda, garantindo que os menores estean atendidos e entretidos mentres os adultos se forman.
Os datos principais da convocatoria son:
- Data: Sábado, 11 de abril.
- Lugar: Aula Formativa do Mercado Municipal (Entrada Rúa Cervantes).
- Custo: 5€ por familia.
Inscrición: Xa aberta a través da web oficial: www.unpasomais.org