A poetisa camariñana Alba Canosa presenta a seu 2º poemario

08:08 16/01/18
Alba Canosa, ex alumna no IES Pedra da Aguia, de Camariñas, é unha moza de Ponte do Porto que presentou esta fin de semana o seu segundo poemario titulado: Conocerse, na librería compostelana Lila de Lilith e rodeada dunhas trinta persoas.
O IES Pedra da Aguia, na Ponte do Porto
Alba explicou as razóns que a levaron a escribir e como xurdiu a súa poesía, acompañada e introducida por Silvia Lijó, que foi nun pasado próximo a súa profesora de Lingua castelá, e que fixo unha introdución sobre a temática e as constantes da poesía de Alba. Os asistentes puideron escoitar despois por boca da propia escritora algúns dos poemas do libro.
Tratouse, en verbas dos presentes, dun acto emotivo e conmovedor, características básicas da poesía desta nova autora.
